Mario González Gutiérrez, nado en Villarcayo de Merindad de Castilla la Vieja (provincia de Burgos) o 25 de febreiro de 1996, é un futbolista español que xoga no Burgos, da Segunda División. Xoga principalmente de dianteiro, pero tamén pode xogar de extremo.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Burgos, o Atlético de Madrid e o Villarreal. Pasou polo Villarreal C e o Villarreal B, e o 17 de agosto de 2016 debutou co primeiro equipo na Liga de Campións, substituíndo a Rafael Santos Borré contra o Monaco. O seu primeiro partido na Primeira División disputouno tres días despois ante o Granada, saltando ao campo no lugar de Alexandre Pato.

En xullo de 2019 asinou un contrato dun ano co Clermont Foot, da Ligue 2. Un ano despois, tras exercer unha opción no seu contrato, volveu ao Villarreal cun contrato de dous anos e foi cedido ao Tondela portugués, co que anotou 15 goles na súa única campaña alí.

O 1 de xullo de 2021 fichou polo SC Braga do mesmo país, por un importe estimado de 1,5 millóns de euros. O 31 de xaneiro seguinte foi cedido ao Tenerife e na seguinte campaña xogou cedido no Oud-Heverlee Leuven, equipo da Liga Profesional Belga, onde marcou 15 goles en 24 partidos.

O 22 de xullo de 2023 foi traspasado ao Los Angeles FC, da Major League Soccer por uns 2,3 millóns de euros. Nos seguintes anos xogou cedido no Sporting de Gijón, o Famalicão e o Lech Poznań (co que se proclamou campión da Ekstraklasa).

O 13 de agosto de 2025 regresou a España e asinou un contrato dun ano co Burgos CF.

Notas

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados na provincia de Burgos Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Xogadores do Lech Poznań Categoría:Xogadores da Major League Soccer Categoría:Xogadores do FC Famalicão Categoría:Xogadores do SC Braga Categoría:Xogadores do CD Tondela Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Villarreal CF C