Os Epigramas (en latín, Epigrammata ou Epigrammaton libri XIV) é a principal obra do poeta latino Marco Valerio Marcial (c. 40 – c. 104).

Características É unha colección de quince libros: o Epigrammaton Liber ou Liber Spectaculorum, e os catorce designados Epigrammaton. Os dous últimos libros titúlanse Xenia e Apophoreta levando título cada composición.

Trátase de poemas breves dentro do xénero epigrama. Estes poemas foron compostos entre os anos 85 e 98 despois de Cristo, fóra dos recolleitos no Libro XII, que datan de ao redor do 102, tras o seu regreso á súa cidade natal, Bílbilis.

A obra tivo moitas imitacións.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Obras de poesía latinas