Cladium mariscus é unha especie de planta anxiosperma da familia dos xuncos (Cyperaceae) BSBI List 2007 (xls). Botanical Society of Britain and Ireland. Arquivado do orixinal (xls) o 2015-06-26. Consultado o 17-10-2014. É nativa da Europa temperada e Asia, onde crece en áreas pantanosas ricas en compostos básicos e ribeiras de lagos. Pode medrar ata os 2,5 m de alto, e ten follas con beiras serradas. No pasado, nalgunhas zonas do norte de Europa utilizábase como material para construír tellados de material vexetal (xuncos, neste caso); recollela era un duro labor debido aos seus bordos afiados que podían causar laceracións.The Worst Rural Jobs in History, Channel 4, 2006
Subespecies A especie está moi espallada polo mundo e ten varias subespecies. C. m. californicum (S.Watson) Govaerts - California, Arizona, Novo México, Nevada, Utah, Texas, Sonora, Coahuila C. m. intermedium Kük. - Australia, Nova Caledonia C. m. jamaicense (Crantz) Kük. - América desde México á Arxentina; Indias Occidentais; sueste dos Estados Unidos desde Texas a Delaware; naturalizada na África tropical e en moitas illas oceánicas como as illas Canarias, Madagascar, Nova Guinea, Hawai C. m. mariscus - Europa, norte de Asia e norte de África desde Irlanda e Marrocos ata o Xapón, incluíndo a Península Ibérica, Alemaña, Italia, Francia, Escandinavia, Polonia, Balcáns, Ucraína, Rusia, Siberia, Arabia Saudita, Irán, os Himalaias, Kazakhstán, China, Corea.
Notas
Categoría:Poales Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné