Circus é un xénero de aves de presa accipítridas entre as que están as tartarañas e a gatafornela. As tartarañas cazan caracteristicamente voando baixo sobre terreo aberto, alimentándose de pequenos mamíferos, réptiles ou aves. Son aves facilmente identificables coas súas ás longas, unha cola estreita longa, un voo lento e baixo sobre pradeiras e teñen peculiaridades no cranio. Pénsase que as tartarañas se diversificaron coa expansión das pradeiras e a aparición das herbas C4 hai uns 6 a 8 millóns de anos durante o Mioceno tardío e o Plioceno.
Taxonomía miniatura|150px|Macho adulto de Circus hudsonius. O xénero Circus foi creado polo naturalista francés Bernard Germain de Lacépède en 1799. A numeración das páxinas empeza na un en cada unha das tres seccións. Como especie tipo foi seguidamente designada a tartaraña das xunqueiras. A maioría das tatarañas están situadas neste xénero. A palabra Circus procede do grego antigo κρέξ (kréx) que se refire a unha ave de pernas longas e é posible que en último extremo derive dunha onomatopea.
O xénero Circus foi situado no pasado na subfamilia Circinae, pero os estudos de filoxenia molecular mostraron que este agrupamento é polifilético, aniñado dentro de Accipitrinae. As especies do xénero Polyboroides non están estreitamente emparentados con el e sitúanse na súa propia subfamilia Polyboroidinae
miniatura|150px|Un macho de tartaraña cincenta (Circus pygargus) mostra as ás en curva ascendente características e o hábitt de pradeira.
Especies O xénero contén 16 especies, das cales en Galicia viven a tartaraña das xunqueiras, a tartaraña cincenta e a gatafornela:
Fósiles † Circus teauteensis (prehistórica) † Circus dossenus (prehistórica)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Vídeos de tartarañas en the Internet Bird Collection Vídeos de tartarañas en the Internet Bird Collection
Categoría:Accipítridos