Triacastela (do latín tria castella, 'tres castros') é un concello da provincia de Lugo en Galicia. Pertence á comarca de Sarria. Segundo o INE en 2018 tiña 643 habitantes (821 no 2006, 820 no 2005, 839 no 2004, 852 no 2003).
Demografía
Censo total 643 (2018) Menores de 15 anos 45 (7 %) Entre 15 e 64 anos 377 (58.63 %) Maiores de 65 anos 221 (34.37 %)
Patrimonio O concello está atravesado pola ruta francesa do camiño de Santiago.
No concello atópase a Cova de Eirós, que se vén escavando desde 1990 e na que xa se atoparon importantes restos da fauna galega de hai máis de 35.000 anos, entre eles restos de máis de 40 individuos de oso das cavernas (Ursus spelaeus), cérvidos e bóvidos; así como materiais líticos adscritos ao Paleolítico Medio e, polo tanto, a humanos neandertalenses. O 20 de agosto de 2012 fíxose público o descubrimento de mostras de arte rupestre, as primeiras descubertas en Galicia polo de agora.
Toponimia Trátase dun topónimo de orixe latina moi particular, xa que descende do xénero neutro latino. O numeral tres declínase tria en neutro para concordar co plural de castellum, castella. Castellum significa 'castro pequeno'. Algúns interpretan que os tres castros son o de Triacastela, o de Tras do Castro (ou o de San Adrián) e o de Lagares.Galicia Encantada. "Triacastela, orixe do topónimo".
Galería de imaxes
Lugares de Triacastela Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Triacastela vexa: Lugares de Triacastela.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Cova Eirós
Elección municipais en Triacastela
Queixo do Cebreiro
Categoría:Triacastela Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía