miniatura|Aviso de deceso de Demetrio remitido polo goberno francés a súa muller. Demetrio Rey Domínguez, nado en Currás, parroquia de Santa Comba de Gargantóns, no concello de San Cibrao das Viñas, o 15 de setembro de 1912, e finado no campo de concentración de Mauthausen o 17 de xullo de 1942, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria O 2 de maio de 1936 casou polo civil con Mercedes Pérez, en San Cibrao das Viñas.

Non temos información do seu periplo durante a guerra civil e no exilio, aínda que case con toda seguridade pasou polos campos de concentración franceses, e as CTE (Compañías de Traballadores Estranxeiros).

Procedente do Stalag I-B Hohenstein ingresou no campo de Mauthausen nun dos primeiros convois, o 9 de agosto de 1940. Foi clasificado como arbeiter (traballador), co número de preso 3639.

Morreu en Mauthausen o 17 de xullo de 1942 ás 9,30 horas,de tuberculose pulmonar, segundo o rexistro do campo, cando tiña 30 anos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica.

Categoría:Nados en 1912 Categoría:Nados en San Cibrao das Viñas Categoría:Finados en 1942 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa