Buteo galapagoensis é un grande buxato endémico da maioría das illas do arquipélago das Galápagos.
Descrición upright|miniatura|esquerda|Individuo novo. O buxato das Galápagos é similar en tamaño ao Buteo jamaicensis e ao Buteo swainsoni de América do Norte, pero o seu tamaño varía de illa en illa como ocorre con moitos animais nativos das Galápagos. Parece ter unha constitución algo máis pesada que a das especies continentais, e na media do peso, esta especie é a segunda máis pesada do xénero Buteo en toda América, só detrás do Buteo regalis. O buxato das Galápagos pode medir de 45 a 58 cm de lonxitude desde o bico á cola, cunha envergadura de 116 a 140 cm.Del Hoyo, J., & Elliot, A. I SARGATAL, J. eds. 1994. Handbook of the birds of the World. Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Lynx Edicions, Barcelona. Chega ao seu menor tamaño na illa Marchena, onde os machos como media pesan 844 g e as femias 1223 g. Son intermedios en tamaño os da illa de Santiago, na cal os machos pesan como media 963 g, mentres que as femias pesan 1295 g. Os máis grandes coñecidos son os da illa Española, que están entre os Buteo máis grandes coñecidos, cunha media nos machos de 1137 g e nas femias de 1578 g. CRC Handbook of Avian Body Masses, 2ª edición de John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (2008), . O adulto ten varias coloracións posibles.
O adulto é xeralmente de cor negra amarronada; o píleo é lixeiramente máis escuro que o dorso. As plumas do manto teñen unha marxe parcial de cor marrón máis claro, gris ou beixe, mostrando parte das bases brancas. As cobertoiras da cola están tamén barradas de banco. A propia cola é gris prateada por arriba, cunhas dez barras negras estreitas; por debaixo é bastante clara. As plumas das ás son máis claras nas partes internas, barradas de branco. Pola parte de abaixo teñen bordos marróns avermellados que non se distinguen das plumas dos flancos e do abdome inferior. As cobertoiras baixo a cola están barradas de branco. As cobertoiras baixo as ás son negras, contrastando coas bases claras das quillas das ás. Os ollos son marróns, o bico é negro cincento, máis claro na base, que se coñece como cera; as patas e pés son amarelos. O macho é similar á femia, como ocorre en moitas aves de presa.Ferguson-Lees, James, and David A. Christie. Raptors of the world. Houghton Mifflin Harcourt, 2001. miniatura|En voo. Os buxatos novos parecen bastante diferentes dos adultos porque están ben camuflados cun aspecto en conxunto marrón con varias raias ventrais e un manchado máis claro dorsal. Os ollos son marróns agrisados claros, e o bico é negro, con tons grises azulados na base. A cera é vede agrisada, os pés son verdes amarelados. Cando a plumaxe inmatura está xa moi gastada, as áreas claras fanse case brancas.
O buxato dos Galápagos ten ás e cola anchas. É un superdepredador nas illas e posúe unha excelente vista. Os individuos novos son diferentes dos adultos porque son máis escuros e teñen unha camuflaxe que lles axuda a estar protexidos de posibles depredadores ata que completan o crecemento.
Hábitat e dieta miniatura|esquerda|Un exemplar na illa Isabela, protexendo a súa comida, unha cría de león mariño morta. Vive principalmente de insectos como as lagostas e os cempés xigantes, así como de serpes (Alsophis spp.), lagartos (Microlophus albemarlensis), e especies nativas ou introducidas de roedores, incluíndo os Aegialomys galapagoensis, e os ratos domésticos (Mus musculus) e ratas negras (Rattus rattus).Jaramillo, Maricruz, et al. "The diet of the Galapagos hawk (Buteo galapagoensis) before and after goat eradication." Journal of Raptor Research 50.1 (2016): 33–44. Non é raro que capture iguanas mariñas (Amblyrhynchus cristatus). A maioría das presas de iguanas mariñas son principalmente crías acabadas de facer eclosión e exemplares novos, pero ocasionalmente tamén adultos, especialmente femias no niño.Berger, Silke, et al. "Behavioral and physiological adjustments to new predators in an endemic island species, the Galápagos marine iguana." Hormones and Behavior 52.5 (2007): 653–663.Wikelski, Martin, and L. Michael Romero. "Body size, performance and fitness in Galapagos marine iguanas." Integrative and Comparative Biology 43.3 (2003): 376–386. O buxato das Galápagos poden matar presas relativamente grandes, que poden pesar polo menos o mesmo ou máis que a propio ave.Mackie, Roderick I., et al. "Biochemical and microbiological evidence for fermentative digestion in free-living land iguanas (Conolophus pallidus) and marine iguanas (Amblyrhynchus cristatus) on the Galapagos archipelago." Physiological and Biochemical Zoology 77.1 (2004): 127–138.Werner, Dagmar I. "Reproduction in the iguana Conolophus subcristatus on Fernandina Island, Galapagos: clutch size and migration costs." The American Naturalist 121.6 (1983): 757–775. As crías de tartarugas terrestres e de mariñas e as iguanas terrestres das Galápagos tamén son presas ocasionais, así como os individuos novos de león mariño das Galápagos, porcos ferais e cabras.Coblentz, Bruce E., and Daniel W. Baber. "Biology and control of feral pigs on Isla Santiago, Galapagos, Ecuador." Journal of Applied Ecology (1987): 403–418.Mari, Jaramillo Cruz. "Endemic Top Predator Response to Goat Eradication on Santiago Island: the Galapagos Hawk and its Diet." (2011). Entre as presas arbóreas están a pomba das Galápagos Zenaida galapagoensis, mímidos das Galápagos Mimus parvulus, e os pimpíns de Darwin (Geospiza spp. & Camarhynchus spp.), desde o ovo aos adultos crecidos. Tamén foi observado capturando aves mariñas, como pardelas das Galápagos Puffinus subalar, e ovos e crías da gaivota Creagrus furcatus.Harris, M. P. 1969. Food as a factor controlling the breeding of Puffinus lherminieri.Ibis 111:139-156.Murphy, Robert Cushman. Oceanic birds of South America: a study of species of the related coasts and seas, including the American quadrant of Antarctica, based upon the Brewster-Sanford collection in the American Museum of Natural History. Vol. 2. MacMillan Company, 1936. Informouse da predación regular nas crías de atobás Sula nebouxii, que poden pesar uns 1280 g.Anderson, David J., and Peter J. Hodum. "Predator behavior favors clumped nesting in an oceanic seabird." Ecology 74.8 (1993): 2462–2464. Ademais de presas vivas, por veces poden comer prea de focas mortas ou restos de peixes.
Cando cazan en grupos de dous ou tres, os buxatos pairan a unha altura de 50 a 200 m no ceo. Cando un dos buxatos enxerga unha presa ou unha carcasa en descomposición, avisa aos outros membros do grupo. O buxato dominante do grupo aliméntase da presa ata que está farta, e os outros membros do grupo familiar esperan submisamente a súa quenda para comer. Prefire pousarse en saíntes de lava ou pólas altas cando cazan, aínda que tamén pasan parte do tempo no chan.Thornton, I. 1971. Darwin's Islands: A Natural History of the Galapagos. New York: The Natural History Press.
Non teñen medo ao home, especialmente os individuos novos, que son bastante curiosos, e a miúdo roldan os campamentos humanos e buscan restos de comida. En 1845, Charles Darwin escribiu:
Aquí unha escopeta é superflua, pois coa punta da arma botei un buxato fóra da póla dunha árbore...
Comportamento e reprodución miniatura|Unha posible parella reprodutora de adultos na illa de Santa Fe. Como as estacións de illa apenas cambian debido á gran proximidade ao ecuador, non hai unha estación de apareamento regular. O apareamento ocorre unhas poucas veces ao día nunha póla próxima ou en voo. Empeza cando os machos fan ataques finxidos á femia por detrás botándose en picado sobre ela, e entón o macho segue a femia a medida que descende ás árbores que hai máis abaixo. Mentres que os machos tenden a ser monógamos, as femias ás veces aparéanse con ata sete machos diferentes durante a estación de apareamento. Ao longo de todo o período de nidificación, as femias e todos os seus machos fan quendas para protexer o niño, incubando os ovos, e mesmo participan na alimentación sen que haxa unha orde aparente de dominancia.Faaborg, John. "Reproductive success and survivorship of the Galapagos Hawk Buteo galapagoensis: potential costs and benefits of cooperative polyandry." Ibis 128.3 (1986): 337–347. Os niños constrúense na parte baixa das árbores, en saíntes de lava, ou mesmo ás veces no chan. Usan os niños durante moitos anos e períodos de nidificación, e estes chegan a ser bastante grandes, ás veces de ata 1,2 m de diámetro. Son estruturas feitas de paus tapizadas de herba, codias, grupos de follas ou outros materiais brandos dispoñibles.
A parella reprodutora permanece xunta a maior parte do tempo no apoxeo da tempada de posta de ovos e adoitan quedar nas proximidades no sitio de nidificación. O niño é mantido con poliñas verdes frescas. Usualmente poñen de un a tres ovos brancos verdosos, aínda que postas de 3 ovos son pouco comúns. Normalmente, só conseguen criar un filo en cada niño, pero os grupos poliandros teñen máis éxito que as parellas monógamas, aínda que cada macho poliandro saca adiante menos crías por ano que os machos monógamos.Faaborg, John, et al. "Preliminary observations on the occurrence and evolution of polyandry in the Galapagos Hawk (Buteo galapagoensis)." The Auk 97.3 (1980): 581–590. Os buxatos novos abandonan o niño aos 50–60 días despois da eclosión e non entran nas áreas reprodutoras territoriais ata que chegan aos tres anos de idade e son sexualmente maduros.
Vocalizacións A chamada deses buxatos é unha serie de chíos similares aos da chamada do Buteo lineatus que foi descrito como un "kiir, kiiu," ou un modulado "kuii". Son especialmente ruidosos durante a estación reprodutora e a súa chamada suavízase a un "kilp, kilp, kilp".
Conservación
miniatura|Un exemplar novo. Aínda que non se coñece o número exacto destas aves, crese que só debe hoxe haber unhas 150 parellas reprodutoras. Esta estatística mellorou lixeiramente a de anos pasados, mais está lonxe da abundancia que atopou en todas as illas cando se descubriron. Debido ás alteracións humana do seu hábitat natural, a redución das fontes de alimento debido aos novos depredadores introducidos nas illas e a persecución polos humanos, están agora extintos nas illas de Baltra, Daphne Maior, Floreana, San Cristóbal e Seymour do Norte.
Evolución O estudo de haplotipos de ADNmt dos buxatos das Galápagos e do seu parente máis próximo, o Buteo swainsoni, indica que devanceiros deste último colonizaron as illas hai aproximadamente 300.000 anos, o que fai que estas aves sexan a especie nativa que chegou máis recentemente ás illas. En contraste, estímase que os pimpíns de Darwin chegaron alí hai uns 2 ou 3 millóns de anos.Bollmer, Jennifer L.; Kimball, Rebecca T.; Whiteman, Noah Kerness; Sarasola, José Hernán & Parker, Patricia G. (2005). Phylogeography of the Galápagos hawk (Buteo galapagoensis): A recent arrival to the Galápagos Islands. Molecular Phylogenetics and Evolution 39(1): 237–247.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Bollmer, Jennifer L.; Kimball, Rebecca T.; Whiteman, Noah Kerness; Sarasola, José Hernán & Parker, Patricia G. (2005). Phylogeography of the Galápagos hawk (Buteo galapagoensis): A recent arrival to the Galápagos Islands. Molecular Phylogenetics and Evolution 39(1): 237–247. (HTML abstract) Channing, Keith (2008). Galapagos Hawk - Buteo galapagoensis. The Hawk Conservancy Trust. 5 March 2008. Licon, Daniel. "Buteo galapagoensis: Galapagos Hawk". University of Michigan Museum of Zoology Animal Diversity Web. 2008. 5 Mar 2008 <http://animaldiversity.ummz.umich.edu/site/accounts/information/Buteo_galapagoensis.html>. Bollmer, Jennifer L., et al. (2005). Population Genetics of the Galapagos Hawk (Buteo galapagoensis): Genetic Monomorphism Within Isolated Populations. The Auk 122(4): 1210–1214. Delay, Linda S., et al. (1996). Paternal Care in the Cooperatively Polyandrous Galapagos Hawk. The Condor 98: 300–306.
Ligazóns externas
BirdLife Species Factsheet.