O PWHL Detroit é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Detroit, Estados Unidos. O equipo competirá na Professional Women's Hockey League (PWHL), sendo a terceira franquía de expansión anunciada pola liga, como parte da segunda rolda de expansións de cara á tempada 2026-27. O equipo é propiedade do Mark Walter Group.

Detroit xogará os seus partidos como local no Little Caesars Arena de Detroit, pavillón que compartirá cos Detroit Pistons (NBA) e os Detroit Red Wings (NHL). O recinto foi inaugurado en 2017 e ten capacidade para 19 515 persoas.

Historia O 5 de xuño a dianteira canadense Daryl Watts, que xogara as dúas tempadas enteriores nas Toronto Sceptres, converteuse na primeira fichaxe do equipou de Detroit. Ese mesmo día anunciou a fichaxe das dúas medallistas de ouro olímpicas cos Estados Unidos Cayla Barnes e Hannah Bilka, procedentes ambas do Seattle Torrent e que anteriormente xa xogaran xuntas na NCAA en Boston College e Ohio State.

Personalidades Xogadoras Eleccións na primeira rolda do draft

Dende a tempada inaugural da liga celébrase anualmente o draft, no que as franquías seleccionan seleccionan xogadoras das ligas universitarias ou estranxeiras. Detroit participou por primeira vez no draft na edición de 2026, cando foi o único equipo que non seleccionou a ningunha xogadora na primeira rolda logo de ter fichado a Hilary Knight do PWHL Las Vegas a cambio da súa escolla na primeira rolda.

Eleccións na primeira rolda do draft Ano Nome da xogadora Posto Equipo (liga) Ref 2026 Ningunha elección na primeira rolda

Adestradores O 28 de maio anunciouse que o elixido para ocupar o banco da nova franquía de Detroit sería Josh Sciba, nado no estado de Míchigan. Sciba fora anteriormente adestrador asistente das New York Sirens, e durante máis de 15 anos traballara tanto como adestrador asistente e como adestrador xefe en varias universidades da NCAA.

Adestradores do PWHL Detroit Nome(s) Período Josh Sciba 2026-

Directoras xerais O 15 de maio anunciouse que a antiga porteira canadense Manon Rhéaume, primeira muller en asinar un contrato e xogar un partido da National Hockey League, sería a primeira directora xeral da nova franquía. Rhéaume chegou a Detroit logo de catro anos cos Los Angeles Kings da NHL.

Directoras Xerais do PWHL Detroit Nome(s) Período Manon Rhéaume 2026-

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:PWHL Detroit