O PWHL Hamilton é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Hamilton, na provincia de Ontario (Canadá). O equipo competirá na Professional Women's Hockey League (PWHL), sendo a cuarta franquía de expansión anunciada pola liga, como parte da segunda rolda de expansións de cara á tempada 2026-27. O equipo é propiedade do Mark Walter Group.
Hamilton xogará os seus partidos como local no TD Coliseum de Hamilton, un pavillón con capacidade para 16 386 persoas, e que compartirá co equipo masculino da American Hockey League (AHL) e os Toronto Rock da National Lacrosse League (NLL).
Historia Antecedentes A cidade de Hamilton ten unha longa historia no hóckey sobre xeo feminino. O equipo feminino que máis salientou da cidade foron as Hamilton Golden Hawks, un equipo fundado en 1977 e que competiu na Central Ontario Women's Hockey League, que foi considerada como a mellor liga do mundo durante dúas décadas. As Golden Hawks foron, xunto coas Edmonton Chimos, un dos equipos máis dominantes e influentes do Canadá durante a década de 1980.
Fundación O 3 de xaneiro de 2026, o PWHL Takeover Tour 2025-26 chegou á cidade de Hamilton, que acolleu como sede neutral un partido de liga regular entre o Seattle Torrent e as Toronto Sceptres. O partido, que finalizou coa vitoria do Torrent por 3-2, foi presenciado en directo por 16 012 persoas, a terceira asistencia máis alta da xira e un dos 20 partidos máis vistos da historia da PWHL. Con máis do 70% das persoas asistentes mercando a sá primeira entrada para un partido da PWHL e máis do 15% das xogadoras da liga procedentes da área de Golden Horseshoe, da que Hamilton é o centro, Hamilton salientou entre as potenciais cidades de expansión da PWHL, demostrando que podía atraer a unha afección distinta á das Sceptres.
A fundación do equipo e a súa entrada na liga anunciouse o 13 de maio de 2026, sinalando que o equipo comezaría a xogar na tempada 2026-27.
O equipo converteuse na décima franquía da liga e no cuarto equipo de expansión como parte da segunda rolda de expansión. O equipo xogará os seus partidos como local no TD Coliseum, que é tamén o estadio local dos Hamilton Hammers da American Hockey League (AHL), que serán o equipo afiliado dos New York Islanders. A franquía será a primeira da PWHL en pertencer a unha cidade que non conta con equipo na National Hockey League (NHL).
O 22 de maio de 2026 o PWHL Hamilton anunciou que a veterana do hóckey sobre xeo feminino Meghan Duggan sería a primeira directora xeral do equipo. Na seguinte semana anunciouse que o adestrador xefe do Boston Fleet durante a tempada 2025-26 Kris Sparre sería o adestrador do novo equipo.
O 5 de xuño Brianne Jenner, que xogara as tres primeiras tempadas da PWHL como capitá do Ottawa Charge, converteuse na primeira xogadora en fichar polo novo equipo. Ese mesmo día o equipo anunciou a súa segunda fichaxe, a porteira canadense Kayle Osborne, que xogara a tempada 2025-26 nas New York Sirens principalmente como primeira porteira.
Identidade do equipo Como parte do anuncio da expansión, revelouse que as cores do equipo serían durada, granate e crema; a cor dourada como homenaxe aos Hamilton Tiger-Cats da Canadian Football League e o antigo equipo da National Hockey League dos Hamilton Tigers, o granate como unha referencia ao seu alcume de "Steeltown" (en galego "cidade do aceiro") e ao aceiro avellentado en particular. Como todos os equipos creados anteriormente pola liga, o equipo comezou as súas operacións temporalmente como PWHL Hamilton ata que se decida a súa identidade permanente.
Pavillón miniatura|250px|O PWHL Hamilton xogará os seus partidos como local no TD Coliseum. Hamilton xogará os seus partidos como local no TD Coliseum de Hamilton. O pavillón inaugurouse o 30 de novembro de 1985, aínda que a súa construción iniciouse no ano 1983. O TD Coliseum ten capacidade para 17 383 persoas.
O PWHL Hamilton compartirá o pavillón co equipo masculino da American Hockey League (AHL) e os Toronto Rock da National Lacrosse League (NLL). O recinto ten acollido tamén partidos do Campionato do Mundo de Baloncesto de 1994, así como numerosos concertos.
Personalidades Xogadoras Eleccións na primeira rolda do draft
Dende a tempada inaugural da liga celébrase anualmente o draft, no que as franquías seleccionan seleccionan xogadoras das ligas universitarias ou estranxeiras.
Eleccións na primeira rolda do draft Ano Nome da xogadora Posto Equipo (liga) Ref 2026 Nelli Laitinen 6º Minnesota Golden (NCAA)
Adestradores O 23 de maio de 2025 a franquía de Ontaio anunciou a contratación do Kris Sparre como o seu primeiro adestrador xefe. Sparre chegou a Hamilton logo de dirixir o Boston Fleet durante a tempada 2025-26, na que foi finalista do premio ao adestrador do ano la liga logo de conseguir a maior mellora interanual dun equipo na historia da PWHL. A continuación todos os adestradores da historia do PWHL Hamilton:
Adestradores do PWHL Hamilton Nome Período Kris Sparre 2026-
Directoras xerais Pouco máis dunha semana despois do anuncio da creación do novo equipo da PWHL en Hamilton anunciouse que a súa primeira directora xeral sería a antiga xogadora e executiva estadounidense Meghan Duggan. A continuación todas as directoras xerais da historia do PWHL Hamilton:
Directoras xerais do PWHL Hamilton Nome Período Meghan Duggan 2026-
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial