O procónsul (en latín, proconsul) era un maxistrado romano que actuaba no lugar do cónsulAvery (1962), p. 932 sen exercer o cargo de cónsul propiamente. O proconsulado era unha continuación do consulado con modificacións. Baseábase no principio da delegación de autoridade, actuando no lugar do cónsul (etimoloxicamente, pro consule; este termo provén do prefixo latino pro, que significa "no lugar de", e cónsul). Normalmente, eran elixidos polo Senado e, polo tanto, dependían del.Bravo (1989), p. 171
Durante o Imperio Romano, o procónsul era un título que ostentaba un gobernador civil e non implicaba o mando militar.
Características Malia que o termo "procónsul" deriva do feito de que o seu titular exercía o poder consular, con todo, non todos os procónsules foron necesariamente antigos cónsules.
En canto o procónsul era investido do seu poder oficial (imperium), tiña que abandonar Roma de inmediato, porque alí o seu imperium extinguíase. Do mesmo xeito que os cónsules, tiña doce líctores con feixes de varas e machadas, aos que estaba obrigado a despedir ao volver entrar en Roma. Na provincia combinaba o poder militar e xudicial sobre os pobos sometidos e os cidadáns romanos por igual, só que no caso destes últimos, baixo unha acusación de morte, tiña que permitirlles apelar a Roma. Para administrar xustiza viaxaba no inverno de cidade en cidade. En caso de guerra podía ordenar a saída dos cidadáns romanos así como dos provinciais.Peck (1898), p. 1317 O seu poder era absolutamente ilimitado, polo que podía ser culpable da maior opresión e extorsión, e só era suxeito de procesamento por estes delitos ao expirar o seu cargo. Podía presentar unha reclamación para un triunfo ou unha ovatio polos servizos militares. Cando as provincias senatoriais chegaron xeralmente a non ter exército baixo o Imperio, os deberes dos procónsules limitáronse á administración política e xudicial.
Os procónsules eran escollidos entre antigos maxistrados que anteriormente ocuparan o imperium, como antigos pretores ou cónsules. A provincia que se lles asignaba elixíase por sorteo durante a súa elección. Dependendo da importancia militar da provincia, o promaxistrado encargado de gobernala podía ser un procónsul ou un propretor. Eran posibles excepcións na asignación de provincias: por exemplo, no ano 63 a. C., Cicerón renunciou ao seu futuro proconsulado sobre Macedonia, cedéndoo ao seu colega para gañar un aliado no asunto de Catilina. No ano 59 a. C., Xulio César recibiu tres provincias (Narbonense, Galia Cisalpina e Dalmacia) por un período de cinco anos.
Historia Dionisio de Halicarnaso, citou o primeiro caso historicamente rexistrado de proconsulado, datado no 464 a. C., cando Tito Quincio Capitolino Barbato recibiu o poder (imperium) para dirixir un exército en axuda dun cónsul asediado.Dionisio de Halicarnaso, Ῥωμαική ἀρχαιολογία (Rhōmaikē arkhaiologia, Antigüidades romanas), libro IX, 62-63Glare (1982) Foi, polo tanto, unha solución improvisada ante a presión dos acontecementos.
Período republicano A función reapareceu coa expansión da República Romana no século IV a.C., cando un cónsul tiña que completar unha campaña militar ou gobernar un territorio máis aló da duración normal do seu mandato consular (un ano). O seu poder (imperium consulare) ampliábase entón, xeralmente por un período dun ano e sempre dentro dun territorio específico, a maioría das veces unha provincia. Pouco a pouco, o número de provincias romanas aumentou e converteuse en costume que os cónsules que remataban o seu mandato fosen dirixir a guerra nunha provincia ou administrala. miniatura|216x216px|Unha lápida das Actas Triumphalia exhíbese nos Museos Capitolinos de Roma. Este fragmento abrangue o consulado de Asina e Duilio (260 a. C.). Menciónanse dous procónsules, C. A. Quillius e M. A. Lucius. Con todo,hai algúns casos de procónsules nomeados sen ter ocupado previamente o consulado, aínda que non son numerosos: o primeiro no ano 211 a. C., cando Publio Cornelio Escipión Africano foi nomeado procónsul en Hispania polos comicios centuriados. No entanto, cara ao final da República estes casos fixéronse máis frecuentes.
Por outra banda, malia que o consulado era anual, ás veces, prorrogábase. En teoría, o procónsul era unha autoridade delegada, pero na práctica significaba que o seu mandato se prorrogaba realmente. Isto aconteceu por primeira vez durante as Guerras samnitas, no ano 327 a. C., cando se prorrogou o imperium de Quinto Publilio Filón,Lord (2012), p. 23 xa que doutro xeito perderíanse todas as vantaxes obtidas (imperium pro rogare), segundo Tito Livio.Tito Livio. Ab Urbe Condita, VIII, 23, 12 Un senatusconsultum ou un plebiscito podía prorrogar o imperium do cónsul, que se convertía en procónsul; a diferenza co cónsul era que o seu imperium non se estendía á cidade de Roma nin ás súas inmediacións, xa que a prórroga do mandato do cónsul non estaba permitida dentro das murallas. Se o procónsul obtiña unha vitoria, as honras do triunfo debían serlle outorgadas polo pobo, o que era innecesario se o triunfo se acadaba durante o seu ano no cargo. No ano 308 a. C., o senado prorrogou (sen plebiscito) o imperium de Quinto Fabio Máximo Rulliano. No ano 296 a. C., Lucio Volumnio Flama Violens foi elixido procónsul por ambos os procedementos, un senatusconsulto e un plebiscito.Titus Livi. Ab Urbe Condita, X, 22
Tamén hai casos célebres de prórrogas por necesidades bélicas ou políticas. Un caso foi o de César quen, co apoio de Pompeio, no 59 a. C., recibiu o poder proconsular da Galia durante 5 anos para poder remata-la conquista do territorio.Bravo (1989), p. 59 E outro o de Octavio Augusto, quen no 33 a. C., renovou o imperium proconsulare, pois precisaba continuar co mando militar para continuar o enfrontamento contra Marco Antonio e Cleopatra en Asia, e que rematou no 31 a. C, na batalla de Accio.Bravo (1989), p. 62
Co crecemento das provincias, os cónsules, así como os pretores foron empregados para administralas como procónsules ao expirar o seu cargo. Despois de Sila, isto converteuse en regra: tódalas provincias tiñas un promaxistrado que coupaba o cargo por un ou máis anos,Le Gall & Le Glay (1995), p. 18 e era o Senado, quen decidía as provincias que eran consulares e pretorianas. Posteriormente, a partir do ano 52 a. C., a Lex Pompeia impuxo un período de espera de cinco anos entre o cargo de cónsul ou pretor en Roma para exercer a correspondente promaxistatura nas provincias; o que rompeu a conexión inmediata entre o consulado e a sucesión a unha provincia. Así, progresivamente, os procónsules fóronse así convertendo en meros gobernadores de provincias.
Período imperial A partir de Augusto, que foi quen creou a división entre provincias imperiais e senatoriais, nestas últimas, que estaban pacificadas e dependían do Senado,Bravo (1998), pp. 65-66 adoitaba nomearse un procónsul, independentemente de ter exercido o consulado previamente ou non. No seu nomeamento, se mantiña o sistema republicano; é dicir, eran elixidos polo Senado mediante sorteo e o cargo tiña unha duración anual;Lord (20129, p. 46 aínda que nalgunhas ocasións tamén se prorrogaba.Bravo (1998), p. 66 Co incremento paulatino do número de provincias, tamén foi aumentando o número de procónsules. Así, na época de Hadriano, de 35 provincias, 11 eran as senatoriais e gobernadas por procónsules.Bravo (1989), p. 81
Durante o Imperio, só dúas provincias senatoriais, debido á súa importancia e prestixio, requirían un consulado previo: a provincia de Asia e a provincia de África, designadas como provincias proconsulares.Le Gall & Le Glay (1995), p. 49 Nas outras provincias senatoriais , mantiveron a denominación de "procónsules" pero xa, sen exércitos sobre os que ter mando, estaban gobernadas por un antigo pretor á espera do consulado.Le Glay (2002), p. 105 Só houbo unha excepción que foi a provincia de África. Nesta provincia permaneceu a lexión III Augusta, até o reinado de Calígula.Le Gall & Le Glay (1995), p. 87 Calígula rematou con esta anomalía, que tampouco supuña un grave problema, e privoulle ao procónsul do mando da lexión que quedou baixo o control dun legado imperial.Le Gall & Le Glay (1995), p. 255
Coa administración de Constantino I o Grande, o cargo de procónsul era o dun maxistrado encargado do goberno de certas provincias: Asia, Acaia e África.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Propretor Procuestor
Categoría:Dereito romano Categoría:Maxistrados da Roma antiga Categoría:Procónsules