miniatura|400x400px|A pradaría de San Sidro de Francisco de Goya. As festas de San Sidro Labrego (en ) son unhas festas patronais na honra a Sidro Labrego, patrón da cidade de Madrid e celebradas arredor do 15 de maio. Este festexo inclúe romarías, verbenas, atraccións e diversos espectáculos tradicionais definidores do «casticismo madrileño». Na súa esencia desenvólvense no barrio de San Isidro en Carabanchel,Pedro Montoliu Camps, (1990), Fiestas y Tradiciones Madrileñas, Madrid, Ed. Silex, pp:189-190 co seu epicentro na Pradaría de San Sidro, continuando a tradición pintada por Francisco de Goya no seu cadro A pradaría de San Sidro (1788).Información sobre el cuadro La pradera de San Isidro, de Francisco de Goya En 1619, documéntase a inauguración da praza Maior co gallo da celebración destas festas. En 2021, a Comunidade de Madrid, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, declarou a festa como ben de interese cultural (BIC) na categoría de feito cultural.

Historia As festas de San Sidro Labrego viran arredor da asociación que hai entre a auga e San Sidro. É costume ir en romaría o 15 de maio a beber a "auga do santo" que brota nun manancial anexo á ermida de San Sidro.Nicolas Jamin, (1788), Historia de las fiestas de la Iglesia y el fin con que han sido establecidas, trad. por Joaquín Castellot, páxs. 222-236 Esta celebración mestúrase co costume de merendar nas pradarías de San Sidro.

Celebración miniatura|Madrileños xantando na pradaría durante as Festas de San Sidro. As celebracións repártense por toda a cidade; tanto o Concello como entidades privadas como as casas rexionais con domicilio social en Madrid organizan bailes rexionais na praza Maior, semanas gastronómicas, verbenas de barrio, feiras taurinas, actos relixiosos, actos deportivos como regatas no río Manzanares. Cada 15 de maio é costume que os madrileños se reúnan para comer na famosa pradaría e beber a auga que sae do caño da ermida. O paseo que dá á ermida énchese de postos con diversos elementos gastronómicos da cociña madrileña como poden gallinejas e entresijos, bocadillo de luras, pratos en vinagre (banderillas, olivas, berenxena de Almagro) así como de barquillos e de viño doce. Tamén é típico bailar un chotis vestido de chulapo e comprar as tradicionais rosquillas, de Santa Clara e francesas nos postos da feira.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Madrid