Damián Guede Otero, coñecido como Damián Guede, nado en Ourense en 1979, é un escritor e profesor galego.

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía Inglesa e Hispánica na Universidade de Vigo e ralizou o terceiro ciclo na Universidade de Málaga co Diploma de Estudos Avanzados na especialidade de Literaturas Hispánicas. É profesor de ensino secundario no IES Val Miñor.

En 2026 publicou Catro viaxes de Elena Fahlbusch: a través da mirada da axudante de dirección, constrúe unha historia de ton documental que reflexiona sobre o mundo artesanal e os vínculos. Ana, axudante de dirección, achéganos á rodaxe da película Catro viaxes de Elena Fahlbusch.

Obras

Lingua galega

Narrativa

Catro viaxes de Elena Fahlbusch (2026). Vigo: Galaxia. 240 páxs. ISBN 978-84-1176-581-7.

Lingua castelá

Poesía

De peces eléctricos (2024). Buenos Aires Poetry. 80 páxs. ISBN 978-9878470979.

Ensaio

La poesía de Roberto Bolaño: Tres y Los perros románticos (2015). Ed. de autor. 242 páxs. ISBN 978-8415671497. Análise de dúas obras do escritor chileno Roberto Bolaño.

Xuvenil

Zuma (2025). Ed. de autor. 188 páxs. ISBN 979-8311823944.

Notas

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Málaga Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria