Juan Carlos García Pose, nado en Coristanco no ano 1971, é un político galego do PPdeG e actual alcalde de Coristanco dende o ano 2019, no cal substituíu a Abraham Gerpe cun goberno en minoría. No ano 2023 renovou o seu mandato cunha ampla maioría absoluta, ocupando 10 dos 13 escanos do pleno municipal polo seu partido.
Traxectoria Nado no ano 1971 en Coristanco, Juan estudou no EFA Fonteboa do mesmo municipio, un centro educativo caracterizado polo seu énfase no desenvolmento profesional no medio rural. Posteriormente, Juan participou como técnico no sindicato agrario de ASAJA Galicia entre os anos 1991 e 2015.
A partir do ano 2015, ostentou a presidencia da Asociación Rural Galega, onde se presta asesoramento sobre a política agraria común europea (PAC). Tamén fundou no mesmo ano a empresa "Casa da Tulla" destinada a plantación e venda da pataca de Coristanco.
No ano 2018, o PPdeG confirmouno como candidato as eleccións municipais de 2019 a fin de renovar a imaxe do partido no municipio, damnificada polos múltiples procesos xudiciais asociados co seu antigo candidato, Antonio Pensado Plágaro.
Notas
Categoría:Alcaldes de Coristanco Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1971