Paul McCartney and Wings, a miúdo acortándoo para as portadas dos seus discos como Wings, foron unha banda de rock británica orixinada na cidade de Londres dirixida polo ex-Beatle Paul McCartney. Foron adxectivados na prensa baixo o concepto de Superbanda, con Linda McCarteny, esposa de McCarteny, que tería contribuído brevemente nos álbums do seu marido McCartney (1970) e Ram (1971) e o xa afamado guitarrista Denny Laine, dos The Moody Blues, os únicos membros permanentes nunha listaxe de ata 10 músicos colaboradores. Wings publicou sete álbums de estudo recibindo éxitos de vendas, con seis números un dentro dos Billboard Hot 100 e críticas que os situaban preto á experimentación rock.
Traxectoria
Os inicios de Wings estiveron marcados por varias controversias. O seu primeiro sinxelo, «Give Ireland Back to the Irish», composto tralos sucesos violentos do Domingo Sanguento (1972), foi prohibido pola BBC. O álbum de estrea, Wild Life (1971), recibiu críticas negativas. A canción «Dear Friend» foi interpretada como unha referencia á reconciliación entre Paul McCartney e John Lennon tras os desacordos públicos que seguiron á separación dos Beatles.
Durante os seus primeiros anos, Wings non incluía cancións dos Beatles nos seus concertos por decisión explícita de McCartney. A primeira xira realizouse sen unha planificación convencional: os membros da banda desprazábanse pola autoestrada M1 inglesa e organizaban actuacións en universidades ou locais que os aceptasen ao longo da ruta. Paul e Linda McCartney viaxaban acompañados das súas fillas.
A segunda xira europea levouse a cabo nun autobús de dous pisos. Nas sesións de gravación era habitual que os membros da banda intercambiasen instrumentos.
En 1972, o sinxelo «Hi, Hi, Hi» tamén foi prohibido pola BBC. En 1973, Paul McCartney foi detido en Suecia por posesión de cánnabis.
Os primeiros álbums de Wings recibiron valoracións diversas por parte da crítica. O seu segundo traballo de estudo, Red Rose Speedway (1973), foi obxecto de críticas negativas en diversos medios. O álbum incluía o sinxelo Live and Let Die, composto para a película homónima da serie de James Bond.
En 1973, Wings publicou Band on the Run, un álbum inspirado parcialmente na expresión empregada por McCartney para describir a situación do grupo durante aqueles anos. O disco converteuse nun dos maiores éxitos comerciais da banda.
En xaneiro de 1980, Paul McCartney foi detido no aeroporto de Tokio tras serlle atopada cánnabis na equipaxe. Permaneceu nove días baixo custodia das autoridades xaponesas. Tras declararse culpable, foi posto en liberdade e evitou unha condena máis severa. Como consecuencia da detención, a xira de Wings polo Xapón foi cancelada. Este episodio marcou o final da actividade internacional da banda na súa última etapa. Wings deixou de actuar en directo pouco despois e disolveuse oficialmente en 1981..
Discos
Álbums de estudio Wild Life (1971) Red Rose Speedway (1973) Band on the Run (1973) Venus and Mars (1975) Wings at the Speed of Sound (1976) London Town (Wings album) (1978) Back to the Egg (1979)
Álbums de directo Wings over America (1976) Wings 1971-73 (2018) One Hand Clapping (2024)
Membros Paul McCartney – vocalista principal, baixo, guitarras, piano, teclado, batería (1971–1981) Linda McCartney – vocalista, teclado, piano, percusión (1971–1981; finada en 1998) Denny Laine – vocalista, guitarras, baixo, piano, harmonica (1971–1981; finado en 2023) Denny Seiwell – batería, percusión, trompeta (1971–1973) Henry McCullough – guitarras, corista, percusión (1972–1973; finado en 2016) Jimmy McCulloch – guitarras, vocalista, baixo (1974–1977; finado en 1979) Geoff Britton – batería, percusión (1974–1975) Joe English – batería, percusión, corista (1975–1977) Laurence Juber – guitarras, corista (1978–1981) Steve Holley – batería, percusión, corista (1978–1981)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A canción Arrow Through Me, en youtube, remasterizada en 1993
Categoría:Grupos musicais de soft rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais formados en 1971