, nado en 724 e finado o 12 de marzo de 790, foi un nobre e poeta xaponés do período Nara. A escolma de poesía Man'yōshū non inclúe as súas pezas. Alcanzou o rango de ju san-mi na corte imperial, así como o posto de sangi.
Xenealoxía Fillo de Fujiwara no Maro e, segundo o libro de xenealoxías Sonpi bunmyaku, Uneme de Yakami no Kōri, da provincia de Inaba, probablemente a mesma muller que tivo unha famosa aventura con Aki no Ōkimi. Tivo o seu fillo Toyohiko cunha muller descoñecida, e máis descendencia con outra muller. Porén, unha nota do Sonpi bunmyaku indica que Toyohiko é, na verdade, o neto de Hamanari.
Traxectoria Como herdeiro de Fujiwara no Maro, o fundador do clan Kyō-ke, Hamanari foi unha figura central da súa rama familiar. Porén, era case unha xeración máis novo que os seus homólogos dos clans Nan-ke, Hok-ke e Shiki-ke, o que o situaba nunha posición de desvantaxe para medrar socialmente.
Hamanari recibiu o rango de ju go-i no ge en 751. Baixo o mandato da emperatriz Kōken, exerceu postos de alto nivel en varios ministerios, mais mantivo o mesmo rango até a rebelión de Fujiwara no Nakamaro en 764. Ao apoiar á emperatriz no conflito, ascendeu a ju shi-i no ge.
Notas
Categoría:Finados en 790 Categoría:Nados en 724 Categoría:Poetas do Xapón Categoría:Escritores en lingua xaponesa