miniatura|Vídeo con dron de Vormsi e da aldea de Sviby.
Vormsi é a cuarta illa máis grande de Estonia. Está situada entre Hiiumaa e a península de Noarootsi, no continente, da cal está separada uns 3 km polo estreito de Voosi. A súa superficie é de 92 quilómetros cadrados. É tamén un municipio do condado de Lääne.
Durante o verán, o porto de Sviby está comunicado mediante un transbordador, que percorre dúas veces ao día os 12 km que separan a illa da cidade de Haapsalu, no continente.
Localidades
As localidades da illa, coa súa poboación no ano 2011, son:
Borrby — 4 habitantes. Diby — 8 habitantes. Fällarna — 10 habitantes. Förby — 5 habitantes. Hosby — 0 habitantes. Hullo — 99 habitantes. Kersleti — 5 habitantes. Norrby — 11 habitantes. Rälby — 19 habitantes. Rumpo — 23 habitantes. Saxby — 4 habitantes. Söderby — 2 habitantes. Suuremõisa — 19 habitantes. Sviby — 22 habitantes.
Historia
Xa no século XIII a illa estaba habitada. Durante a maior parte da súa historia estivo ocupada por suecos de Estonia, coñecidos en estoniano como rannarootslased, termo que se pode traducir como «suecos costeiros». A illa chegou a acadar os 3 000 habitantes antes da segunda guerra mundial. Durante a guerra, case toda a poboación de Vormsi foi evacuada cara a Suecia, xunto con outros suecos que vivían en Estonia. Actualmente, a illa está habitada por arredor de 350 persoas.
O nome Vormsi é un derivado do nome sueco Ormsö, ou do alemán Worms, que significa «illa da serpe». A influencia sueca tamén pode atoparse noutros nomes de lugares: aldeas como Hullo, o centro administrativo; Sviby, o porto principal; Söderby, Norrby, Diby, Rälby, Borrby, Kärrslätt, Saxby, Busby, Suuremõisa, tamén chamada Magnushof, e Rumpo; e lagos como o Prästvik.
Galería
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de illas do mar Báltico Condado de Lääne
Ligazóns externas
Vormsi vald Webcam do porto de Sviby
Categoría:Illas de Estonia