Vimara foi un relixioso galego, bispo da diocese de Tui aproximadamente entre os anos 937 e 948.
Traxectoria
Segundo Enrique Flórez, aparece por primeira vez mencionado nun documento de 937, aínda en vida de Hermoxio, onde asina como Vimara Tudensis Eps. En documentos posteriores, en 941 e 942, volve aparecer xunto con outros bispos. Quíxose relacionar este bispo con outro chamado san Bimarasio, que está enterrado no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Renunciaría ao cargo contra o ano 949 e tamén ao padroado da igrexa de San Xoán de Neva, en Avilés (Asturias), que lle legou ao seu irmán Afonso. Sucedeuno no bispado Baltario.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Diocese católica latina de Tui-Vigo
Categoría:Bispos entre 451 e 1054 de Galicia