O Premio de Novela Europea Casino de Santiago é un premio literario de carácter anual, convocado desde o 2003 (agás 2013, 2021, 2022), fallado en Santiago de Compostela e patrocinado polo Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

Características O premio Novela Europea Casino de Santiago pretende promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo os cidadáns en xurado dun premio literario concedido a escritores europeos. Ten dúas modalidades:

Para mellor novela europea escóllense cinco novelas de países de Europa publicadas no ano en curso

As obras finalistas son seleccionadas por unha comisión de expertos e han de ser promovidas polas librarías de Santiago. Os xurados están formados por dúas seccións:

Sección A, cun peso do 50 %, formada por todos os residentes das cidades participantes. Sección B, cun peso do 50 %, formada por dez representantes de distintos estamentos sociais.

Obras gañadoras

2003 (I): Expiación, de Ian Mc Ewan e Tu rostro mañana de Javier Marías. 2004 (II): La Mennulara, de Simonetta Agnelo. 2005 (III): Juntos nada más, de Anna Gavalda. 2006 (IV): Nunca me abandones, de Kazuo Ishiguro. 2007 (V): Sobre la belleza, de Zadie Smith. 2008 (VI): Ronda Nocturna, de Sarah Waters. 2009 (VII): Caos calmo, de Sandro Veronesi. 2010 (VIII): La extraña desaparición de Esme Lennox, de Maggie O’ Farrell. 2011 (IX): La cena, de Herman Koch. 2012 (X): De vidas ajenas, de Emmanuel Carrère. 2014 (XI): El insólito peregrinaje de Harold Fry, de Rachel Joyce. 2015 (XII): Capital, de John Lanchester. 2018 (XIII): Expo 58, de Jonathan Coe. 2019 (XIV): Tierra de Campos, de David Trueba. 2020 (XV): El verano que mi madre tuvo los ojos verdes, de Tatiana Tibuelac e Lluvia fina, de Luis Landero (ex-aequo). Novela traducida a outra lingua europea: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales e Los pacientes del Doctor García de Almudena Grandes. 2023 (XVI): Llévame a casa, de Jesús Carrasco e Volver la vista atrás, de Juan Gabriel Vázquez. 2024 (XVII): Obra maestra, de Juan Tallón. 2025 (XVIII): Los reyes da la casa, de Delphine de Vigan e La nieta, de Bernhard Schlink.2026 (XIX): La península de las casas vacías, de David Uclés, e A noite das cebolas, de Rosa Aneiros (ex-aequo). A primeira vez que unha novela en galego gaña o premio.

Notas

Notas

Categoría:Premios e certames literarios de Galicia Categoría:Santiago de Compostela