miniatura|180px Christian Ludwig Brehm, nado o 24 de xaneiro de 1787 e finado o 23 de xuño de 1864, foi un crego (pastor) alemán e ornitólogo. Foi o pai do zoólogo Alfred Brehm.

Vida

Brehm naceu en Schönau preto de Gotha o 24 da xaneiro de 1787. Estudou na Universidade de Jena para ser ordenado ministro (pastor) en Renthendorf en 1813, onde permaneceu ata a súa morte o 23 de xuño de 1864. Escribiu Beiträge zur Vogelkunde (1820–22), no que se describían 104 especies de aves alemás con gran detalle, e Handbuch der Naturgeschichte aller Vögel Deutschlands (1831), no que se describían 900 especies de aves.

Brehm xuntou unha colección de 15.000 aves durante a súa vida, que incluían mostras conseguidas polo seu fillo, Alfred Brehm. Alfred coleccionaba estas aves procedentes do Sudán, Exipto e de toda Europa. Ofreceu esta colección ao Museo Zoolóxico de Berlín en marzo de 1835 porque temía que unha tormenta destruíse a súa casa, pero a venda da colección non se concretou. Despois da súa morte, a colección permaneceu no atico da súa casa, onde a descubriu Otto Kleinschmidt algúns anos despois. Kleinschmidt convenceu a Lord Rothschild de comprala en 1897; consistía en 9000 aves taxidermizadas, e a colección chegou ao seu Museo de Historia Natural de Tring en 1932. Porén, a colección volveu a Alemaña, onde foi trasladada ao Museum Koenig, localizado en Bonn.

Obras

Beiträge zur Vogelkunde 3 Bde, ab Bd. 3 en colaboración con W. Schilling. Neustadt a. Orla 1820–1822. Lehrbuch der Naturgeschichte aller europäischen Vögel, 2 Bde. Jena 1823–1824 Ornis oder das Neueste und Wichtigste der Vogelkunde. Jena 1824–1827, first ornithologic journal. Handbuch der Naturgeschichte aller Vögel Deutschlands. Ilmenau 1831. Handbuch für den Liebhaber der Stuben-, Haus- und aller der Zähmung werthen Vögel. Ilmenau 1832. Der Vogelfang. Leipzig 1836. Der vollständige Vogelfang.Weimar 1855. Die Kunst, Vögel als Bälge zu bereiten. Weimar 1842. Die Wartung, Pflege und Fortpflanzung der Canarienvögel. Weimar 1855, 2. ed. Weimar 1865, 3. ed. Weimar 1872, 4. ed. Weimar 1883, 5. ed.. Weimar 1893. Die Naturgeschichte und Zucht der Tauben. Weimar 1857. (with E. Baldamus, John Wilhelm von Müller & J. F. Naumann) Verzeichnis der Vögel Europa's. als Tausch-Catalog eingerichtet. Stuttgart 1852 Monographie der Papageien oder vollständige Naturgeschichte aller bis jetzt bekannten Papageien mit getreuen und ausgemalten Abbildungen, im Vereine mit anderen Naturforscher herausgegeben von C.L. Brehm. Jena & París 1842–1855.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina web que anuncia o Centro Memorial Brehm de Renthendorf, un museo na casa de Brehm, e da súa familia, inclu´ndo o seu fillo Alfred Brehm

Categoría:Nados en 1787 Categoría:Finados en 1864 Categoría:Ornitólogos de Alemaña