A raqueta é un instrumento deportivo que consiste nun marco cun aro aberto e cunha especie de rede que o cobre. miniatura|Raqueta e bóla de squash Colectivamente, os xogos que a utilizan coñécense como deportes de raqueta: tenis, bádminton ou squash, por nomear algún.
A raqueta divídese en tres partes: cabeza, tronco e mango.
Partes da raqueta Cabeza: xeralmente de forma ovalada e con orificios no marco para o encordado. O encordado tensado forma unha rede, que é a parte coa que se golpea a pelota. Non hai diferenza entre ámbolos lados dunha raqueta. Tronco: é a parte que conecta a cabeza co mango. Mango: é a parte da raqueta por onde se agarra. Case sempre está cuberto por algún tipo de cinta para non danar a man e permitir unha maior adhesión á raqueta. Adoita ser do gusto dos xogadores para empuñaduras máis grandes ou máis pequenas.
Historia O marco facíase tradicionalmente de madeira e as cordas con cordóns de tripa. A madeira aínda se usa para certas variedades de xogos.
Categoría:Deportes