Thomas Hockenhull, nado en 1984, é un numismático británico vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, do que foi nomeado conservador xefe en 2022."Tom Hockenhull". The British Museum (Britishmuseum.org)."Hockenhull, Thomas". En Coins Weekly. 1 de febreiro de 2017.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Thomas Hockenhull, nado en 1984, acadou a licenciatura en Historia en 2005 na Universidade de Leeds, e no ano seguinte obtivo na mesma universidade un mestrado en Civilizacións Clásicas, con especialización na Grecia Clásica, cun traballo centrado na política de Filipo II de Macedonia cara a Tracia.

Carreira posterior Hockenhull iniciou a súa traxectoria profesional cunha curta estadía no centro de visitantes do Museo da Cabalaría, en Londres, e xa en 2007 incorporouse ao Museo Británico, como receptor de visitantes. Só un ano despois pasou a adscribirse como axudante ao Departamento de Moedas e Medallas. Neste departamento pasou a ser responsable de Diñeiro Moderno en 2011, e en 2020 engadíronse á súa responsabilidade as coleccións de medallas. Finalmente, en 2022 foi nomeado conservador xefe do Departamento de Moedas e Medallas.

Paralelamente ao seu labor profesional no Museo Británico, Hockenhull é membro da British Numismatic Society, e é frecuente a súa colaboración cos medios de comunicación en materia numismática. Ademais, colabora regularmente con artigos para a revista British Museum Magazine.

En 2016, foi galardoado cunpremio New Collecting Award, outorgado polo Art Fund para o estudo e a colección de obxectos dos antigos réximes comunistas.

En 2023, Hockenhull ingresou na Sociedade de Anticuarios de Londres."Mr Tom Hockenhull FSA". Society of Antiquaries of London (SAL.org.uk).

Publicacións (2015). Symbols of Power: Ten Coins that Changed the World. British Museum Press. ISBN 978-0714118086 (2018). I object: Ian Hislop's search for dissent. Thames and Hudson. ISBN 978-0500480410 (2021). Making Change: The Decimalisation of Britain’s Currency. Spink Books. ISBN 978-1912667574

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico

Ligazóns externas

Vídeo: "Thomas Hockenhull discusses ten symbolic coins"

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Alumnos da Universidade de Leeds Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Personalidades sen imaxes