A praia de Ponte Sampaio ou praia de Fontaíña é unha praia galega localizada no municipio de Pontevedra, na provincia de Pontevedra. Trátase dunha praia marítimo-fluvial semiurbana e conta cunha extensión de 150 metros.
Localización e acceso A praia está localizada na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, concretamente na beira dereita da desembocadura do río Verdugo. Está localizada a 500 metros da ría de Vigo e a aproximadamente 10 km do centro da cidade de Pontevedra. A praia sitúase a 150 metros da ponte de Ponte Sampaio, nunha zona coñecida como A Xunqueira.
A praia é facilmente accesible a pé e por estrada. As vías de comunicación máis próximas son a PO-264 e a N-550.
Descrición Trátase dunha praia case rectilínea, situada nun contorno semiurbano. Está catalogada como unha praia marítimo-fluvial de area branca e grava, localizada nunha zona de augas calmas. A praia ten aseos, duchas, zonas verdes e espazos de xogo infantil, así como un servizo de socorrismo.
Existe un proxecto de ampliación da praia no que se prevé un aumento da área dispoñible.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra. Pontevedra: Edicións do Cumio. ISBN 9788482890852. P. 89. Outros artigos Ponte Sampaio Praia do Lérez Praia de Praceres Río Verdugo
Ligazóns externas Praia de Ponte Sampaio na web Turismo Rías Baixas
Ponte Sampaio Categoría:Río Verdugo