miniatura|400x400px|A rede de ferrocarrís en Galicia en 2024. A rede ferroviaria de Galicia é a rede de liñas de ferrocarril de Galicia. Na actualidade, a rede ferroviaria de Galicia conta con liñas de largo ibérico, largo internacional e de vía estreita e unha única operadora, Renfe.

A rede rolda os 1100 km, sendo toda ela titularidade de Adif (ou Adif Alta Velocidade) e operada por Renfe (a través das súas diferentes divisións comerciais). Hai varias liñas de largo ibérico (1668 mm) que unen todas as cidades galegas. Existe ademais unha liña de largo métrico (1000 mm) correspondente ao percorrido Ferrol-Ribadeo-Xixón que foi concluída totalmente en 1971, tras preto dun século de proxectos e avances.Ferrocarril estratégico de Ferrol a Gijón. Grupo de Trabajos Ferroviarios. Tamén existe unha liña de largo internacional (1435 mm), a sección Zamora-Ourense da LAV. De todas estas liñas as únicas electrificadas son a que entra por Ponferrada cara a Monforte de Lemos, Ourense e Vigo, a liña de alta velocidade Ourense-Santiago-A Coruña e a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia, rematada no ano 2021.Electrificación Monforte-Vigo. www.ctv.es.El AVE culmina en Orense su primer viaje a Galicia tras más de 10.000 millones de inversión

Historia

miniatura|400x400px|A rede de ferrocarrís en España durante o século XIX. O 15 de setembro de 1873 inaugurouse o primeiro ferrocarril de Galicia entre Carril (Vilagarcía de Arousa) e Cornes (Santiago de Compostela).El ferrocarril cumple 135 años . El Correo Gallego. Consultado o 18 de outubro de 2012. En 1875 inaugurouse a segunda liña, que unía A Coruña e Lugo.Galicia y el ferrocarril (2001), páxina 35. Ruc.udc.es. Consultado o 26 de novembro de 2012. Non será até 1883 cando se une Galicia co resto de España, a través do Barco de Valdeorras.Viaje real en ferrocarril a Monforte de Lemos y Hendaya en 1883. www.vialibre-ffe.com.

Chegada da alta velocidade A alta velocidade ferroviaria chegou a Galicia en 2011 coa posta en servizo dunha liña illada do resto da rede nacional, unindo A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense.Inauguran el AVE entre A Coruña, Santiago y Ourense cadenaser.com A liña inaugurouse en ancho ibérico, para facilitar a explotación de trens que continúan por vía convencional.

En marzo de 2015 finalizou a construción do Eixo atlántico que une Vigo e Pontevedra coa vía de alta velocidade existente entre Santiago de Compostela e A Coruña.Fase final de las obras del Eje Atlántico y de la nueva estación de Vigo-Urzáiz fomento.gob.esFomento estrena hoy el tren que reduce el viaje A Coruña-Vigo a poco más de una hora farodevigo.esEl AVE A Coruña-Vigo, en marcha abc.es A velocidade máxima entre A Coruña e Vigo é de 200 km/h, cun máis rápida viaxe entre as dúas cidades en 80 minutos (con tres paradas).El Eje Atlántico cumple 7 años al alza en viajeros pero sin mejorar tiempos, Faro de Vigo, 21 de abril de 2022.

O 21 de decembro de 2021 inaugurouse o último tramo da liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia, entre Pedralba de la Pradería (Zamora) e Taboadela (Ourense), a escasos quilómetros da cidade de Ourense. O tramo de Taboadela a Ourense consiste na vía convencional adaptada ao triplo fío ao longo de 17 km até finalizar en dúas vías con topera na estación de Ourense, cuxa praia de vías xa foi remodelada. No entanto, está prevista a construción dunha variante exterior nos arredores de Ourense conectando a bifurcación do cambiador de Taboadela ao comezo do tramo Ourense-Santiago, que será cambiado a ancho internacional para levar o ferrocarril de alta velocidade até Santiago de Compostela.

Servizos ferroviarios actuais No presente, os servizos son prestados exclusivamente pola compañía Renfe Operadora.

Alta Velocidade-Longa Distancia +OrixeParadasDestinoFrecuenciasMellor duración (entre orixe e destino)Duración total (todas as paradas)Madrid - Chamartín - Clara CampoamorZamoraOurense1 tren diario por sentido2 horas e 11 minutosMadrid - Chamartín - Clara CampoamorZamora · Ourense · Santiago de CompostelaA Coruña1 tren D-V por sentido3 horas e 48 minutosMadrid - Chamartín - Clara CampoamorSegovia - Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Seabra · A Gudiña-Porta de Galicia · Ourense · Santiago de Compostela · A Coruña · Betanzos - Infesta · Betanzos-Cidade · PontedeumeFerrol2 trens L-S 1 tren D por sentido5 horas e 12 minutos5 horas e 38 minutosMadrid - Chamartín - Clara CampoamorSegovia - Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Seabra · A Gudiña-Porta de Galicia · Ourense · Monforte de Lemos · SarriaLugo1 tren diario por sentido5 horas e 10 minutosMadrid - Chamartín - Clara CampoamorSegovia - Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Seabra · A Gudiña-Porta de Galicia · Ourense · Santiago de Compostela · Vilagarcía de Arousa · PontevedraVigo - Urzaiz4 trens L-V, 3 trens S e 2 trens D por sentido4 horas e 12 minutos4 horas e 40 minutosBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida · Zaragoza - Delicias · Tudela · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos - Rosa Manzano · Palencia · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio - Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense · Santiago de CompostelaA CoruñaIda: 1 tren L-M-J-S Volta: 1 tren M-X-V-D13 horas e 29 minutosBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida · Zaragoza - Delicias · Tudela · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos - Rosa Manzano · Palencia · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio - Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense · Guillarei · O Porriño · RedondelaVigo - GuixarIda: 1 tren X-V-D Volta: 1 tren L-J-S13 horas e 53 minutos (volta)14 horas e 5 minutos (ida)

Media Distancia-Avant

Renfe Media Distancia Liña Servizo Tren Percorrido Estacións 1 Rexional S-599 A Coruña - Vigo-Guixar A Coruña · Uxes · Cerceda-Meirama · Ordes · Santiago de Compostela · Osebe · Padrón · Pontecesures · Catoira · Vilagarcía de Arousa · Portela · Pontevedra-Universidade · Pontevedra · Arcade · Cesantes · Redondela-Picota · Redondela · Vigo-Guixar2RexionalS-594Santiago - OurenseSantiago de Compostela · Lalín · O Irixo · O Carballiño · Friela-Maside · Ourense 3A Rexional S-592 Vigo-Guixar - Valença do Miño Vigo-Guixar · Redondela · O Porriño · Guillarei · Tui · Valença do Minho 3B Celta S-592 de CP Vigo - Porto-CampanhãVigo-Guixar · Valença do Minho · Viana do Castelo · Nine · Porto-Campanhã 4 MD S-594 A Coruña - Lugo - Monforte - Ourense A Coruña · Elviña-Universidade · O Burgo-Santiago · Cambre · Cecebre · Betanzos-Infesta · Oza dos Ríos · Cesuras · Piñoi · Curtis · Teixeiro · Guitiriz · Parga · Baamonde · Rábade · Lugo · Pedrelo-Céltigos · Sarria · Monforte de Lemos · Ourense 5 MD 594 A Coruña - Ferrol A Coruña · Elviña-Universidade · O Burgo-Santiago · Cambre · Cecebre · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Miño · Perbes · Pontedeume · Cabanas · Perlío · Ferrol 6 MD 440 Vigo - Ourense - Monforte - Ponferrada - LeónVigo-Guixar · Redondela · O Porriño · Guillarei · Caldelas · Salvaterra · As Neves · Sela · Arbo · Pousa Crecente · Frieira · Filgueira · Ribadavia · Ourense · Barra de Miño · Os Peares · San Pedro do Sil · Santo Estevo do Sil · Areas · Canabal · Monforte de Lemos · A Pobra do Brollón · San Clodio-Quiroga · Montefurado · A Rúa-Petín · Vilamartín de Valdeorras · O Barco de Valdeorras · Sobradelo · Quereño · Covas · Toural dos Vaos · Vila de Paus · Ponferrada · San Miguel de las Dueñas · Bembibre · Torre del Bierzo · La Granja · Brañuelas · Porqueros · Vega-Magaz · Astorga · Nistal · Barrientos · Veguellina · Villavante · Quintana-Raneros · León 23 MD 449 León - Ponferrada - MonforteLeón · Quintana-Raneros · Villavante · Veguellina · Barrientos · Nistal · Astorga · Vega-Magaz · Porqueros · Brañuelas · La Granja · Torre del Bierzo · Bembibre · San Miguel de las Dueñas · Ponferrada · Vila de Paus · Toural dos Vaos · Covas · Quereño · Sobradelo · O Barco de Valdeorras · Vilamartín de Valdeorras · A Rúa-Petín · Montefurado · San Clodio-Quiroga · A Pobra do Brollón · Monforte de Lemos 30px MD 529 Ferrol - Ribadeo - Navia - Oviedo Ferrol · San Xoán · Virxe do Mar · Santa Icía · O Alto do Castaño · Piñeiros · O Ponto · Xuvia · As Ferrerías · Sedes · Pedroso · San Sadurniño · Lamas · A Palla · Moeche · Labacengos · Entrambasrías · Cerdido · A Cuqueira · Santa María de Mera · A Ponte de Mera · San Clodio · Senra · Ortigueira · Espasante · Loiba · O Barqueiro · O Vicedo · Mosende · O Folgueiro · Covas · Viveiro · Viveiro-Apeadoiro · Xuances · Xove-Pobo · Xove · Lago · Bidueiros · San Cibrao · O Madeiro · Burela · Cangas de Foz · Nois · Fazouro · Marzán · Foz · Barreiros · Reinante · Esteiro · Os Castros · Rinlo · Ribadeo · Vegadeo-Pueblo · Vilavedelle · Castropol · Las Campas · Tol · Tapia de Casarego · La Caridad · Cartavio · Loza · Medal · Navia · Piñera-Villaoril · Villapedre · Otur · Luarca · Barcia · Canero · San Cristóbal · Cadavedo · Tablizo · Ballota · Santa Marina · Novellana · Valdredo · Soto de Luiña · San Cosme · San Martín de Luiña · La Magdalena · Villademar · Cudillero · El Pito-Piñera · Muros de Nalón · Los Cabos · Santianes · Pravia · Beifar · San Román · Aces · Sandiche · Grado · Peñaflor de Grado · Vega de Anzo · Santa María de Grado · Trubia · Soto Udrión · San Pedro · San Claudio · Las Mazas · Las Campas · Argañosa · Vallobín · Oviedo

Renfe Avant LiñaPercorrido ObservaciónsMaterial 90px Ourense - Santiago de Compostela - A Coruña Serie 121 90px Vigo-Urzáiz - Redondela AV - Arcade - Pontevedra - Vilagarcía de Arousa - Padrón-Barbanza - Santiago de Compostela - Cerceda-Meirama - A Coruña É unha das dúas únicas liñas de MD por liña de alta velocidad cuxa tarifa non é Avant.Serie 12190pxSantiago de Compostela - Ordes - Cerceda-Meirama - Uxes - A CoruñaÉ unha das dúas únicas liñas de MD por liña de alta velocidad cuxa tarifa non é Avant.Serie 121

Renfe Proximidades

30px Ferrol - Ortigueira 30px Ferrol - Ribadeo (4 servizos diarios por sentido e duración do traxecto: 3 horas)

Notas

Categoría:Ferrocarril en Galicia