Jordi Amat i Fusté, nado en Barcelona o 12 de outubro de 1978, é un filólogo, crítico literario e ensaísta catalán especializado nas culturas catalá e española dos séculos XX e XXI e que escribe tanto en catalán como en castelán.

Licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Barcelona e acabou a súa formación na Unitat d'Estudis Biogràfics da mesma universidade. Dedicouse a investigar e publicou diversos artigos en revistas académicas, pero tamén exerceu de crítico literario na prensa.

Entre 2009 e 2021 foi colaborador do diario La Vanguardia e do seu suplemento Cultura|s. En setembro de 2021 incorporouse á sección de opinión de El País; dende xaneiro de 2024 coordina o magazín cultural Babelia, do mesmo xornal.

Obras Luis Cernuda. Fuerza de soledad. Madrid: Editorial Espasa, 2002. Las voces del diálogo. Poesía y política en el medio siglo. Barcelona: Ediciones Península, 2007. Els laberints de la llibertat. Vida de Ramon Trias Fargas. Barcelona: RBA Libros, 2009. Un país a l'ombra. Vida de Josep Maria Vilaseca Marcet (1919-1995). Barcelona: L'Avenç, 2015. El llarg procés. Cultura i política a la Catalunya contemporània (1937-2014). Barcelona: Tusquets Editores, 2015. La primavera de Múnich. Esperanza y fracaso de una transición democrática. Barcelona: Tusquets Editores, 2016. Com una pàtria. Vida de Josep Benet. Barcelona: Edicions 62, 2017. La confabulació dels irresponsables/La conjura de los irresponsables. Barcelona: Editorial Anagrama, 2017. Largo proceso, amargo sueño. Cultura y política en la Cataluña contemporánea. Barcelona: Tusquets Editores, 2018. El hijo del chófer. Barcelona: Tusquets Editores, 2020. Vencer el miedo. Vida de Gabriel Ferrater. Barcelona: Tusquets Editores, 2022.

Premios 2007 - Premio de Ensaio Casa de América por Las voces del diálogo 2008 - Premio Octavi Pellissa pola biografía Com una pàtria. Vida de Josep Benet 2008 - Premio Gaziel de Biografies i Memòries por Els laberints de la llibertat. Vida de Ramon Trias Fargas 2016 - Premio Comillas de Historia, Biografía e Memorias por La primavera de Múnich

Notas

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Cataluña