10 francosRoland Garros"10 francs Roland Garros". Numista.com130x130px130x130pxA/: Cabeza de ave de perfil coas súas ás estendidas, e contorno da costa atlántica francesa. Valor facial e data. Lenda: REPUBLIQUE FRANÇAISE.R/: Retrato de Roland Garros e avión. Marca de gravador (H. DUETTHE) Lenda: ROLAND GARROS / 1888 - 1988 Período: 5ª República Francesa. Datas: 1988 Desmonetizada: 1 de xullo de 1993. Ceca: Monnaie de Paris. Deseño: Hervé Duetthe. Tiraxe: 29 973 011 exemplares (mais 1 850 de proba). Aliaxe: Cu 920‰, Ni 60‰, Al 20‰ Diámetro: 26,00 mm. Peso: 10,00 g. Espesor: 2,50 mm. Canto: Liso con inscricións.
A moeda de 10 francos Roland Garros é unha moeda co valor facial de 10 francos franceses emitida en 1988 pola Monnaie de Paris para conmemorar o centenario do nacemento do aviador Roland Garros.
Trátase dunha emisión conmemorativa mais con carácter circulante, e comparte a súa métrica coa moeda de 10 francos Mathieu, producida entre 1974 e 1987 para a circulación ordinaria.
Caracterización A composición, as características métricas e os deseños veñen fixados por un decreto do 9 de marzo de 1988."Arrêté du 9 mars 1988 relatif à la frappe et à la mise en circulation des pièces commémoratives de 10 F". Journal officiel de la République Fançaise. Nº 64, 16 de marzo de 1988. Páxinas 3490-3491.
Cuñáronse 29 973 011 exemplares desta moeda para a súa posta en circulación e, a maiores, outros 1 850 a modo de proba, coa palabra ESSAI ("proba") impresa no campo do reverso."10 francs Roland Garros Essai". Numista.com
Composición Do mesmo xeito que os 10 francos Mathieu, esta moeda cuñouse nunha aliaxe composta por cobre nun 920‰, níquel nun 60‰ e aluminio nun 20‰.
Deseño O seu deseño correspondeulle ao gravador Hervé Duetthe. O motivo principal do anverso é unha cabeza dunha ave de perfil coas súas ás estendidas, que resalta contra o contorno da costa atlántica francesa, todo iso sobre a expresión do valor facial da moeda, en grande (10 F), e rodeado pola lenda REPUBLIQUE FRANÇAISE e coa data na súa parte superior. miniatura|300x300px|Tarxeta postal con Roland Garros a bordo dun avión. Pola súa banda, o reverso está protagonizado por un retrato de fronte de Roland Garros (1888-1918), o piloto que o 23 de setembro de 1913 realizou a primeira travesía polo Mediterráneo, xunto coa representación dun avión Morane-Saulnier tipo N. Todo este conxunto está rodeado pola inscrición ROLAND GARROS e as datas da conmemoración: 1888 - 1988. Baixo o avión, a modo de marca de gravador, engádese H. DUETTHE.
O canto da moeda amosa como inscrición o lema nacional de Francia LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ, cada unha das palabras separadas por unha póla de loureiro, outra de oliveira e unha espiga. Estas inscricións teñen a súa orientación cara ao anverso ou cara ao reverso aleatoriamente, e nunha cantidade similar en cada tipo. Emisións especiais Á parte da versión estándar, destinada á súa posta en circulación, leváronse a cabo varias emisións especiais desta moeda para coleccionistas e investidores. Por unha banda, realizouse unha emisión en prata de 900 milésimas e con acabamento normal, cunha tiraxe de 10 000 exemplares,"10 francs Roland Garros argent brillant universel". Numista.com e outra en ouro con acabamento especial proof —fondo espello e relevo mate— , cunha tiraxe de 3 000 exemplares."10 francs Roland Garros or belle épreuve". Numista.com
Por outra parte, realizáronse tamén emisións de prestixio denominadas piéfort, caracterizadas por teren o mesmo diámetro da emisión ordinaria mais espesores e pesos moi superiores, cuñadas en prata (950‰; 22,8 g; 300 exemplares),"10 francs Roland Garros piéfort argent". Numista.com en ouro (920‰; 38,9 g; 25 exemplares)"10 francs Roland Garros piéfort or". Numista.com e en platino (999‰; 46,9 g; 10 exemplares)."10 francs Roland Garros piéfort platine". Numista.com
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094
Outros artigos
Monnaie de Paris Franco francés Moeda de 10 francos Mathieu Moeda de 10 francos Léon Gambetta Moeda de 10 francos Xenio da Liberdade Moeda de 10 francos Conquista do Espazo Moeda de 10 francos Montesquieu
Moeda de 10 francos Victor Hugo
Ligazóns externas
Cotización da moeda no mercado numismático
Categoría:Moedas de 10 francos franceses Categoría:Moedas conmemorativas Categoría:Moedas fóra de curso