Muhammad I de Córdoba, nado en Córdoba en 823 e finado na mesma cidade en 886, foi o quinto gobernante omeia de Al-Andalus de 852 a 886. Gobernou durante unha época de florecemento da arte, a arquitectura e a cultura na Península Ibérica islámica no século IX, convertendo Córdoba nun centro cultural e político.
Traxectoria Muhammad I involucrouse na diplomacia con Carlos II o Calvo, o rei carolinxio dos francos occidentais, enviándolle camelos en 865.
Mártires de Córdoba Baixo o reinado de Muhammad I, tivo lugar o que máis tarde se coñeceu como a execución dos Mártires de Córdoba. Inda que a maioría dos cristiáns cordobeses se conformaban á sociedade islámica e vivían comodamente como resultado, inda había algúns que defendían fervorosamente a súa fe. A mediados do século IX, houbo un grupo de cristiáns cordobeses que denunciaron publicamente a Muhammad. Como resultado das súas protestas, 50 cristiáns foron executados polo goberno omeia. A fonte deste evento provén dun manuscrito redescuberto do século XVI.
Arquitectura Atribúeselle parte do traballo realizado na Mesquita de Córdoba no século IX. Pode que completase a primeira grande expansión da mesquita iniciada polo seu pai, Abd al-Rahman II. Tamén engadiu unha macsura. En 855 restaurou a entrada chamada Bab al-Wuzara''' ("Porta dos Visires"), coñecida hoxe como a Puerta de San Esteban'', que é un importante exemplo temperán da porta prototípica moura.
Unha das esposas de Muhammad I, Umm Salama, tamén fundou un cemiterio e unha mesquita que levan o seu nome nos suburbios do norte de Córdoba. Co tempo, este cemiterio converteuse no máis grande da cidade. centro|miniatura|A Puerta de San Esteban, na Mesquita de Córdoba, data da renovación feita baixo o goberno de Muhammad I en 855.
Notas
Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Nados en 823 Categoría:Finados en 886 Categoría:Emires de Córdoba