Kori Cheverie, nada en New Glasgow (Nova Escocia) é unha xogadora profesional de hóckey sobre xeo retirada e adestradora canadense. Dende 2023 é a adestradora xefa do Montreal Victoire da Professional Women's Hockey League (PWHL). Cheverie é tamén adestradora asistente da selección canadense.
A carreira de Cheverie como xogadora transcorreu nas Saint Mary's Huskies da conferencia Atlantic University Sport da Canadian Interuniversity Sport (CIS; renomeada U Sports en 2016) e coas Toronto Furies da Canadian Women's Hockey League (CWHL), coas que gañou a Clarkson Cup en 2014. Foi adestradora asistente do equipo masculino TMU Bold, da Universidade Metropolitanta de Toronto. Foi a primeira muller en ser contratada a tempo completo na historia do hóckey sobre xeo masculino en U Sports.
Notas
Categoría:Nados en Nova Escocia Categoría:Nados en 1987 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos do Canadá Categoría:Xogadoras das Toronto Furies Categoría:Adestradoras do Montreal Victoire