A casa consistorial de Betanzos é un edificio do século XVIII que serve como casa do concello na vila de Betanzos.

Historia Proxectouna e executouna o mestre de obras Cándido García de Quiñones, coa supervisión do arquitecto Ventura Rodríguez, que modificou o deseño orixinal das fachadas. As obras deron comezo en 1778. No portal de acceso colocáronse un escudo e dous medallóns policromados que pertenceran a consistorio anterior, elaborados durante o reinado de Carlos I e restaurados en 2022. Na fachada principal, baixo tres ventás do segundo andar, hai tres escudos de factura posterior. Están tamén policromados sobre uns perpiaños dispostos en dúas filas, rematados por coroas.

Características

esquerda|miniatura|Fachada principal.

O edificio é de estilo neoclásico e ocupa o lugar onde estivera o anterior consistorio, derrubado en 1767. Ten planta rectangular, con soto, e tres andares, e está construído en cantería de granito local. A fachada principal está orientada ao leste, fronte á praza da Constitución, e ten 12,5 m de ancho; a fachada lateral está orientada ao norte, cara á rúa Roldán, e ten 16,5 m.

A planta a ras de chan ten perpiaños colmeados e no centro hai un portalón con dúas grandes ventás protexidas con reixas de ferro. O primeiro andar ten un amplo balcón corrido, ao que se accede por tres portas, con balaustrada de forxa. As puertas están rematadas con cornixas sobre as que se apoian outros tres escudos. Por riba destes, no segundo andar, hai tres ventás máis pequenas. Enmarcando os vaos do primeiro e segundo andar están dispostas catro pilastras acabadas en capiteis xónicos. O edificio remata cun arquitrabe e un gran beiril.

Sitúase dentro da zona vella da vila, e está catalogada no Plan Especial de Protección e Ordenación do Casco Histórico.

Notas

Categoría:Betanzos

Betanzos Categoría:Neoclasicismo