Tomás Bárbulo, nado na Coruña o 23 de xuño de 1958 e finado en Madrid o 15 de xullo de 2026, foi un xornalista e escritor galego. Traxectoria Fillo de militar, viviu en Sidi Ifni até a entrega da cidade a Marrocos en 1969, e residiu no Aaiún, capital do Sahara Español) até a Marcha Verde. Licenciouse en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Durante 25 anos traballou no xornal El País, co que viaxou de forma asidua por Marrocos, Sáhara Occidental, Mauritania, Senegal, Malí, Alxeria e Tunisia. Foi fundador dos periódicos Expansión, La Gaceta de los Negocios e El Sol, e subdirector do Diario Claro. En 2021 dirixiu o curso de escritura creativa La nave de Ulises, patrocinado pola Universidade de Burgos.
A novela La asamblea de los muertos (2017) iniciou unha serie protagonizada por El Saharaui, un espía ruso infiltrado no Estado Islámico. A obra obtivo o premio da Semana Negra de Xixón á mellor primeira novela e traduciuse ao alemán e italiano. A súa segunda novela, Vírgenes y verdugos (2019) inspirou a película Raqa, dirixida por Gerardo Herrero.
Libros La historia prohibida del Sáhara español (ensaio; Ediciones Destino, 2002) La asamblea de los muertos (novela; Ediciones Salamandra, 2017) Vírgenes y verdugos (novela; Salamandra, 2019)
Aaiún (novela, 2026)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en 1958
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 2026 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes