Alejandro Alagón Cano, nado en Cidade de México en 1954, é un médico, investigador, catedrático e académico mexicano. Especializouse nas áreas de biotecnoloxía dos anticorpos e toxinoloxía (véxase toxina), na investigación para o melloramento de antivelenos e o desenvolvemento de novos antivelenos.Programa documental do 8 de agosto de 2012 na canle 22 da televisión mexicana sobre o traballo de Alejandro Alagón Cano, retransmitido en canal 22.2 o 9 de aneiro de 2019) (Consultado o 9 de xaneiro de 2019)Sobre a serie documental Premio Nacional de Ciencias y Artes da canle 22 da televisión mexicana (Consultado o 9 de xaneiro de 2019) Recibiu o Premio Nacional de Ciencias e Artes mexicano en 2005.Lista de galardoados co Premio Nacional de Ciencias e Artes (Consultado o 9 de xaneiro de 2019)

Estudos e docencia Cursou a licenciatura na Facultade de Medicina da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), posteriormente realizou un máster e un doutoramento en investigación biomédica na mesma institución. Fixo estudos posdoutorais na Universidade Rockefeller en Nova York.

Ao seu regreso a México, integrouse no corpo de docentes e investigadores do Instituto de Biotecnoloxía da súa alma mater. Foi coordinador dos programas de máster e doutoramento en ciencias bioquímicas e secretario académico no Centro de Investigacións sobre Enxeñaría Xenética e Biotecnoloxía. Foi un dos promotores da creación do Centro de Investigación sobre Fixación do Nitróxeno,Páxina web oficial do Centro de Ciencias Xenómicas (Universidade Nacional Autónoma de México) (Consultado o 9 de xaneiro de 2019) que logo se converteu no Centro de Ciencias Xenómicas.

Investigación e docencia No campo da biotecnoloxía de anticorpos realizou investigacións para mellorar e desenvolver novos antivelenos, así como para establecer as técnicas para producilos. No campo da toxinoloxía, realizou estudos sobre os velenos de serpes de coral (alfa e beta neurotoxinas), de arañas do xénero Loxosceles (esfingomielinases D) e de tarántulas da familia Theraphosidae. Colaborou con Lourival Possani na investigación sobre anticoagulantes extraídos da saliva do hemíptero Triatoma. Formou parte dun dos equipos de investigación cuxos traballos conduciron ao desenvolvemento dun axente fibrinolítico chamado desmoteplase, extraído da saliva do vampiro, que axuda a reducir os danos neuronais en accidentes cerebrovasculares.Medcalf, R. L. (2012). Desmoteplase: discovery, insights and opportunities for ischaemic stroke. British Journal of Pharmacology, xaneiro, 165(1), 75-89. (Consultado o 9 de xaneiro do 2019)

En 1994, colaborou co Instituto Bioclon para a produción de faboterápicos antialacrán (Alacramyn) que se utilizaron na industria farmacéutica mexicana e no Instituto Mexicano do Seguro Social (IMSS). Coa aplicación deste antiveleno, foi posible evitar un considerable número de mortes ao ano en México. Este antiveleno foi aprobado pola FDA dos Estados Unidos en 2011, e comercialízase co nome Anascorp.

É investigador de nivel III do Sistema Nacional de Investigadores e membro do Consello Consultivo de Ciencias da Presidencia da República. Do 2004 ao 2006, foi presidente da Sección Panamericana da Sociedade Internacional de Toxinoloxía. É membro da Sociedade Mexicana de Bioquímica, da Sociedade Mexicana de Biotecnoloxía e Bioenxeñaría e da Academia Mexicana de Ciencias.

Premios e distincións Premio da Universidade Nacional na área de Innovación e Tecnoloxía pola Universidade Nacional Autónoma de México en 2004. Premio Nacional de Ciencias e Artes na área de Tecnoloxía e Deseño outorgado pola Secretaría de Educación Pública de México en 2005.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sobre Lourival Possani e o estudo do veleno dos alacráns (Consultado o 9 de xaneiro de 2019)

Categoría:Médicos de México Categoría:Bioquímicos de México