miniatura|200x200px|Glicómetro, con caixa de tiras de proba e lancetas (á dereita). Un glicómetroSacks, D. B. (Ed.). Tietz Textbook of Clinical Chemistry and Molecular Diagnostics. Elsevier. é un instrumento de medida portátil deseñado para medir de maneira rápida a concentración de glicosa en sangue (glicemia) a partir dunha pequena mostra de sangue capilar, obtida habitualmente mediante unha punción na xema dun dedo. Este instrumento permite ás persoas con diabetes controlar os seus niveis de glicosa no domicilio ou en calquera outro lugar, sen necesidade de acudir a un laboratorio ou centro sanitario para realizar cada medición. O seu uso é fundamental para o autocontrol da enfermidade, xa que facilita o seguimento do tratamento, a prevención de episodios de hipoglicemia e hiperglicemia e a adaptación da dieta, da actividade física ou da administración de insulina segundo as necesidades de cada paciente.

Procedemento de uso do glicómetro miniatura|200x200px|Glicómetro tomando a medida de glicosa en sangue. En primeiro lugar, hai que inserir unha tira de proba dentro do glicómetro. Entón o paciente debe lavar as mans cun xabón suave; a desinfección non é necesaria.

Despois de inserir unha lanceta, é dicir, unha agulla estéril dentro dunha caixa de plástico no sistema ou dispositivo de punción, basta premer o botón para picar a punta dun dedo (aconséllase facelo na parte lateral, xa que é menos sensible) para obter unha pinga de sangue. A continuación, o paciente achega o dedo no apósito adhesivo de proba do glicómetro de modo que garanta que a pinga de sangue obtido encha a rañura (por capilaridade) a un nivel suficiente para que o medidor poida dar unha lectura razoable. O resultado aparece en poucos segundos. Entón é posible ler o valor que mostra a pantalla e tomar as accións necesarias en función dos resultados, por exemplo unha inxección de insulina, inxesta de alimentos, etc.Potter, P. A., Perry, A. G., Stockert, P., & Hall, A. (2021). Fundamentos de enfermería. Elsevier.

Conversión das unidades do resultado As unidades dos resultados de exames de glicosa no sangue poden presentarse en miligramos por decilitro (mg/dl)ou en milimoles por litro (mmol/l), dependendo do país onde se executen.

A fórmula para a conversión entre esas unidades é:

de mmol/l a mg/dl:

Y (en mg/dl) = 17,5 * X (en mmol/l)+3,75

e de mg/dl a mmol/l:

X (en mmol/l) = [Y (en mg/dl) - 3,75]/17,5

Niveis de glicosa en sangue A cualificación do estado do paciente depende do resultado do glicómetro, segundo esta táboa: +Niveis de glicosa en sangueEn xaxún (normalmente 8 horas)Despois de comer (de 10 minutos a 2 horas, variable)Hipoglicemiamenos de 50 mg/dlmenos de 50 mg/dl (anómalo)Nivel baixo50 a 70 mg/dl50 a 70 mg/dl (anómalo)Nivel axeitado70 a 100 mg/dlaté 140 mg/dl no seu punto máximoNivel alto100 a 125 mg/dl140 a 180 mg/dl no seu punto máximoHiperglicemiamáis de 125 mg/dlmáis de 180 mg/dl no seu punto máximo Manter durante anos os niveis altos de glicosa en sangue pode agravar seriamente as complicacións a longo prazo da diabetes.

Referencias

Categoría:Instrumentos de medida Categoría:Diabetes Categoría:Enfermaría