Datapoint Corporation, coñecida orixinalmente como Computer Terminal Corporation (CTC), foi un fabricante de ordenadores estadounidense con sede en San Antonio, Texas. Fundada en xullo de 1968 por Phil Ray e Gus Roche, os seus primeiros produtos foron, como suxire o nome inicial da empresa, terminais informáticos, que estaban a comezar a substituír os teletipos conectados aos sistemas de tempo compartido. En outubro de 1969, a empresa recadou 3,655 millóns de dólares a través dunha saída a bolsa.Wood, p. 40
Algúns historiadores atribúenlle a CTC a invención accidental do ordenador persoal. O seu produto máis popular, o Datapoint 2200, era un terminal programable capaz de emular outros dispositivos usando programas almacenados en cinta magnética. Recoñecendo o potencial do equipo, algúns usuarios comezaron a empregalo como un simple ordenador programable.Wood, p. 56
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América Categoría:Entidades desaparecidas