Arcadia (en ) é un filme grego de drama e fantasía de 2024 dirixido por Yorgos Zois. Está protagonizado por Angeliki Papoulia e Vangelis Mourikis, e conta a historia da neuróloga Katerina e Yannis, un exmédico, mentres se dirixen a un balneario deserto. Yannis foi chamado para identificar a vítima dun tráxico accidente no hospital da pequena cidade.
Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Vangelis Mourikis como Yannis Angeliki Papoulia como Katerina Elena Topalidou como Vicky Nikolas Papagiannis como Petros Vangelis Evangelinos como policía Asterios Rimagmos como Nikos Evangelia Andreadaki como Despina Flomaria Papadaki como Danai Elena Mavridou como Klea Antonis Tsiotsiopoulos como Ectoras
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes de Grecia Categoría:Filmes de Bulgaria Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América