Lipogenys hyalinumvelum é unha especie de peixe mariño de profundidade da familia dos notacántidos (Notacanthidae). A especie foi descrita en 2024 polos ictiólogos portugueses Pedro Gomes, Helena Silva e Catarina Churro. A descrición baseouse en exemplares capturados durante unha campaña de investigación sobre crustáceos na costa atlántico nordeste da Península Ibérica. A especie foi identificada mediante unha combinación de caracteres morfolóxicos e análises moleculares dos xenes mitocondriais COI e 16S, que confirmaron que se trataba dunha especie distinta das restantes especies coñecidas do xénero Lipogenys.

Descubrimento A especie foi dada a coñecer no marco dun estudo sobre peixes raros, recentemente descritos e novas citas para as augas galegas e cantábricas. O traballo salienta a importancia das campañas oceanográficas do IEO-CSIC para mellorar o coñecemento da biodiversidade das augas profundas do Atlántico nordeste.

Distribución Ata o momento, Lipogenys hyalinumvelum coñécese nas augas profundas da mar de Galicia e do mar Cantábrico, onde foi rexistrada durante campañas científicas de arrastre demersal realizadas polo IEO-CSIC.

Notas

Categoría:Animais descritos en 2024 Categoría:Peixes de Galicia