A ε-amanitina (épsilon-amanitina) é un péptido cíclico. É unha amatoxina, todas as cales se atopan en varias especies de cogomelos do xénero Amanita. A LD50 oral da ε-amanitina é de aproximadamente 0,1 mg/kg.

Toxicoloxía Igual que outras amatoxinas, a ε-amanitina é un inhibidor da ARN polimerase II. Despois da inxestión, únese ao encima ARN polimerase II, o que impide completamente a síntese de ARN mensaxeiro, o que causa a citólise dos hepatocitos (células hepáticas) e das células renais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Intoxicación por cogomelos velenosos Amanitina

Ligazóns externas Amatoxins REVISED Cogomelos velenosos (en alemán)

Categoría:Péptidos cíclicos Categoría:Amatoxinas Categoría:Hepatotoxinas