Adventures of the Gummi Bears é unha serie de televisión animada estadounidense de alta fantasía creada por Jymn Magon e producida por Walt Disney Television Animation. A serie, libremente inspirada nas lambetadas dos osiños de goma,"Waldenbooks for Kids", xuño de 1986 ten lugar nun mundo de fantasía de terras medievais e maxia, e céntrase nas vidas de seis seres místicos coñecidos como Osos Gummi. A serie céntrase nas fazañas dos personaxes principais, xa que abordan unha serie de problemas, así como axudan aos seus amigos humanos e frustran os plans de varios pesonaxes malvados. Os episodios consistiron nunha soa historia, ou dúas historias de 11 minutos.
A serie, cun orzamento elevado, converteuse en icónica non só por encabezar o estilo das series animadas de Disney que seguiron, senón tamén por iniciar unha era de mellora artística na animación televisiva, impulsada polo seu éxito, cos competidores obrigados a mellorar os seus propios estándares artísticos para evitar comparacións desfavorables. O tema musical foi escrito por Michael e Patty Silversher e interpretado por Joseph Williams. A serie de animación estreouse por primeira vez nos Estados Unidos, e durou seis tempadas entre 1985 e 1991. e o programa emitiuse posteriormente noutros países, incluído o Reino Unido.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1985 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1991 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América