miniatura|Denario lexionario a nome de Marco Antonio e da Legio III Cyrenaica (RRC 544/14)."RRC 544/14 ". Coinage of the Roman Republic Online. American Numismatic Society (numismatics.org/crro).|280x280px miniatura|Denario lexionario a nome de Marco Antonio e da Legio X Equestris (RRC 544/24)."RRC 544/24". Coinage of the Roman Republic Online. American Numismatic Society (numismatics.org/crro).|280x280px miniatura|Denario lexionario a nome de Marco antonio e da Cohors Speculatorum (RRC 544/12)."RRC 544/12". Coinage of the Roman Republic Online. American Numismatic Society (numismatics.org/crro).|280x280px
As moedas lexionarias de Marco Antonio son unha serie de moedas romanas emitidas a nome de Marco Antonio no Mediterráneo oriental durante a derradeira guerra civil da República, de 32 a.C a 31 a.C., nos preparativos da batalla de Accio. Estas emisións, moi numerosas, abranguían principalmente denarios de prata e en menor medida áureos de ouro, que se empregaban para o pagamento dos soldos aos lexionarios de Marco Antonio.Markowitz, M. (2018). "Mark Antony’s Legionary Denarius". Coin Week (coinweek.com). 5 de febreiro.Shutterly, M. T. (2022). "The Legionary Denarii of Mark Antony". Coin Week (coinweek.com). 12 de xullo.Vagi, D. (2012). "Marc Antony legionary denarii iconic". En Coin World. 26 de xaneiro.
Estas emisións son as recollidas coa numeración RRC 544/1-39, que foi a utilizada polo numismático Michael H. Crawford no seu catálogo Roman Republican Coinage (1974).Véxase "Crawford, M. H. (1974)" en "Bibliografía".
Caracterización Trátase dunha serie de moedas moi ampla, con 39 modelos distintos. Nos seus anversos todas elas amosan a representación dunha galera cunha proa ornamental e un mastro que se inclina cara a adiante sobre a proa. A lenda dos anversos é ANT AVG III VIR R P C, unha abreviatura de Antonii auguris, tresviri rei publicae constituendae ("[moeda de] Antonio, augur e un dos triunviros para a organización da República).The Legionary Coinage of Mark Antony. Romanpaulus.x10host.comRowan, C. (2019). Páxinas 109-110.
Na maioría das emisións, o reverso amosa unha aquila —o estandarte con forma de aguia que levaba cada lexión— entre dous estandartes militares máis. A lenda do reverso é LEG (legionis, "da lexión"), mais un número romano do I ao XXIII, que identifica unha lexión específica dentro das forzas de Marco Antonio. Hai unha emisión variante (RRC 544/12) que ten o mesmo deseño do anverso, mais un deseño do reverso diferente, que amosa tres estandartes navais e a lenda CHORTIS SPECVLATORVM ("[moeda da] cohorte de exploradores").
As moedas teñen un peso de arredor de 3,9 gramos, que é o peso normal para unha moeda dun denario. O seu contido de prata é do 92,2 %, o mesmo que o do cistóforo —a principal moeda provincial de Asia—, pero inferior ao dos denarios cuñados naquela mesma época na ceca de Roma, que tiñan un contido de prata do 96,84 %.Rowan, C. (2019). Páxina 114.Dillon, J. N. (2007). Páxina 45.
Relevancia miniatura|Denario a nome de Marco Antonio (34 a.C.) coas efixies de Marco Antonio no anverso e Cleopatra no reverso (RRC 543/1)."RRC 543/1 ". Coinage of the Roman Republic Online. American Numismatic Society (numismatics.org/crro).|280x280px
Estas moedas constitúen un testemuño de como Marco Antonio se representaba a si mesmo e da súa posición no período previo ao seu conflito con Octavio, o futuro Augusto. Isto resulta particularmente importante, xa que a maior parte das probas literarias que se conservan foron escritas despois da vitoria de Octavio e perpetúan a súa representación de Marco Antonio. A ausencia do retrato de Marco Antonio na moeda supón un cambio substancial respecto ao período anterior, cando as súas moedas o representaban regularmente a el e á súa parella Cleopatra (sirva como exemplo o RRC 543/1, do 34 a.C., reproducido neste artigo). A historiadora Clare Rowan, da Universidade de Warwick, suxire que isto foi unha decisión consciente, destinada a contrarrestar as afirmacións de Octavio de que Antonio caera "baixo o feitizo" de Cleopatra e actuaba nos seus intereses no canto dos de Roma. Deste xeito, na moeda evitou facer referencia a Cleopatra e enfatizou o papel de Marco Antonio como comandante romano. A referencia do reverso como un dos triunviros supón unha defensa da pretensión de lexitimidade xurídica por parte de Marco Antonio; de feito, a súa posición triunviral expirara en 34 a.C., o ano anterior ao comezo da emisión dos denarios lexionarios. Ademais, a imaxe do barco no anverso e o gran número de lexións representadas no reverso enfatizaban a escala e o carácter romano do seu poder militar.
Aínda que o reverso de cada emisión identifica unha lexión específica, probablemente se distribuían entre os soldados ao chou, no canto de se usar unicamente para o pagamento á lexión representada nas moedas, xa que os diferentes tipos de reverso adoitan atoparse xuntos en tesouros monetarios. Un tesouro atopado en Accio (RRCH 473),"RRCH 473: Actium (Greece; ACT) ". Coin hoards of the Roman Republic Online. American Numismatic Society (numismatics.org/chrr/). que probablemente foi soterrado por un lexionario do exército de Marco Antonio, inclúe moedas lexionarias que mencionan case todas as lexións baixo o mando do seu mando.Rowan, C. (2019). Páxinas 111-112.
Circulación Os denarios lexionarios constituíron a maior emisión de moeda de prata producida no período final da República. Isto serve de apoio á afirmación do historiador romano do século III d.C. Dión Casio (Historia Romana 50.18.2) de que Marco Antonio estaba mellor financiado que Octavio na preparación da Batalla de Accio. É probable que Octavio utilizase os denarios lexionarios para pagar aos seus propios soldados logo da súa vitoria na Batalla de Accio. Nos tesouros do final do século I a.C. no Mediterráneo oriental, os denarios lexionarios atópanse moito máis adoito que as moedas de Octavio, mesmo en zonas onde se asentaran os seus veteranos. Fundir a moeda e cuñala novamente resultaría demasiado caro e levaría moito tempo. Ademais, o menor contido de prata dos denarios de Marco Antonio en comparación cos do propio Octavio significaba que, se volvese cuñar a moeda, acabaría con menos exemplares.Dillon, J. N. (2007). Páxinas 43, 45.
As probas dos tesouros amosan que os denarios lexionarios continuaron a supor unha gran parte da moeda en circulación no período do Imperio Romano. O seu contido relativamente baixo de prata significou que o goberno imperial non fixo esforzos por retiralos e remonetizalos, como fixo con outras emisións de moedas da República e do inicio do Imperio. Tamén significou que non foron retirados da circulación pola acción da lei de Gresham, que postula que cando nun territorio circulan simultaneamente dúas moedas co mesmo valor nominal, mais con distinto valor intrínseco, a moeda feble sempre expulsa a boa do mercado.Rolnick, A. J.; Weber, W. E. (1986). "Gresham's Law or Gresham's Fallacy". En Journal of Political Economy. Vol. 94. Nº 1. Páxinas 185-199. Durante o reinado de Vespasiano (69-79 d.C.), os denarios lexionarios aínda supuñan arredor dunha quinta parte de todos os denarios en circulación en Grecia.Rowan, C. (2019). Páxinas 109-110, 115.Metcalf, W. E. (ed.); Woytek, B. (2012). Páxina 330.Lockyear, K. (2007). Páxina 170. Nos tesouros seguen a aparecer adoito exemplares moi gastados ata o século III d.C. miniatura|330x330px|O tesouro de Shapwick no Museo de Somerset.Os denarios lexionarios estendéronse lentamente polo resto do imperio. O seu apoxeo de circulación na Galia do norte e a Xermania prodúcese a mediados do século I d.C., e formaron un compoñente principal da moeda en circulación na Britania inmediatamente despois da conquista romana no ano 43 d.C.Kemmers, F. (2006). Páxinas 72-73. O tesouro de Shapwick, que foi depositado na Britania romana nalgún momento despois do ano 224 d.C., contiña 260 denarios lexionarios (o 3 % do total). As seguintes moedas máis antigas dese tesouro foron producidas baixo Nerón (54-69 d.C.).Rowan, C. (2019). Páxina 115.Abdy, R.; Minnitt, S. (2002).
É probable que a inundación de denarios lexionarios xogase un papel na fin da produción local de moeda de prata en Grecia e no Exeo, que continuara ao longo do século I a.C., pero tras a batalla de Accio as comunidades só emitiron moeda de bronce, coñecida como moeda provincial. John H. Kroll e Clare Rowan suxiren que a cantidade de prata posta en circulación como denarios lexionarios significou que as comunidades locais xa non tiñan necesidade de emitir as súas propias moedas.Rowan, C. (2019). Páxina 111.Kroll, J. H. (1997). Páxina 140.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda da Antiga Roma Marco Antonio
Moeda da frota de Marco Antonio
Bibliografía
Abdy, R.; Minnitt, S. (2002). "Shapwick Villa". En Coin Hoards from Roman Britain. 11. Páxinas 169-233. Crawford, M. H. (1974). Roman Republican Coinage. Vol. I / Vol. II. Cambridge University Press. ISBN 0-521-07492-4 Dillon, J. N. (2007). "Octavian's Finances after Actium, before Egypt: The CAESAR DIVI F / IMP CAESAR coinage and Antony's Legionary Issue". En Chiron. 37. Páxinas 35-48. Kemmers, F. (2006). Coins for a legion : an analysis of the coin finds from the Augustan legionary fortress and Flavian canabae legionis at Nijmegen. Von Zabern, Mainz am Rhein. ISBN 9783805337304. Kroll, J. H. (1997). "Coinage as an Index of Romanization". En Hoff, M. C.; Rotroff, S. I. (eds.). The Romanization of Athens. Oxbow Books, Oxford. Páxinas 135-150. Lockyear, K. (2007). Patterns and Process in Late Republican Coin Hoards. Archaeopress, Oxford. ISBN 978-1407301648 Metcalf, W. E. (ed.); Woytek, B. (2012). The Oxford Handbook of Greek and Roman Coinage. Oxford University Press. Páxinas 315-344. ISBN 9780195305746 Rowan, C. (2019). From Caesar to Augustus (c. 49 BC–AD 14) : using coins as sources. Cambridge University Press. Páxinas 109-116. ISBN 9781107675698. Woytek, B. (2007). "Die Münzen der römischen Republik und der Übergangszeit zum Prinzipat im Museum Canuntinum (mit einem Exkurs zu den den Legionsprägungen des Marcus Antonius)". En Alram, M.; Schmidt-Dick, F. (eds.). Die Fundmünzen der römischen Zeit im Österreich Abteilung III: Niederösterreich, Band 2: Die antiken Fundmünzen im Museum Carnuntinum. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. Páxinas 489-520. ISBN 978-3-7001-3821-1
Ligazóns externas
The Legionary Coinage of Mark Antony The Legionary Denarius of Mark Antony Vídeo: The Legionary Denarius. Classical Numismatics
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Marco Antonio