Os guaranís ava (en ) son un pobo indíxena que fala as linguas guaraní ava e guaraní oriental boliviana. Coñecidos polo seu carácter belicoso, conservaron as súas terras nos contrafortes dos Andes do sueste de Bolivia dende os séculos XVI até o XIX defendéndose, primeiro, do Imperio Inca, despois, do Imperio Español e, aínda máis tarde, da Bolivia independente. Os guaranís foron finalmente subxugados en 1892.

Logo da súa derrota en 1892, case desapareceron da conciencia pública, pero renaceron a partir da década de 1970. No século XXI os descendentes chámanse a si mesmos guaranís, que os vincula con millóns de falantes de dialectos e linguas guaranís en Paraguai, a Arxentina e o Brasil.Combés, Isabelle (2005), "Las batallas de Kuruyuki. Variaciones sobre una derrota chiriguana," Bulletin de l'Institut d'Etudes Andines, Vol 34, No. 2, p. 221, 230-231

O censo de 2001, contaba con 81.011 guaranís, na súa maioría chiriguanos, maiores de 15 anos que vivían en Bolivia.Inter-American Commission on Human Rights, "The Guarani People and the Situation of the Captive Communities in the Bolivian Chaco", pp. 1-2, http://www.cidh.org/countryrep/ComunidadesCautivas.eng/Chap.Iv.htm, consultado o 18 de outubro de 2016 Un censo de 2010 contou 18.000 guaranís ava na Arxentina. A lingua guaraní de Bolivia oriental foi falada por 33.000 persoas en Bolivia, 15.000 na Arxentina e algúns centos en Paraguai.Eastern Bolivian Guaraní at Ethnologue

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Pobo guaraní Categoría:Pobos indíxenas da Arxentina Categoría:Pobos indíxenas de Bolivia Categoría:Pobos indíxenas de Paraguai