As pantallas curvas —tamén coñecidas como pantallas "Edge" ou envolventes— diferéncianse das tradicionais por teren bordos lixeiramente curvados en lugar de planos. Aínda que gañaron popularidade nos televisores e nos teléfonos intelixentes, tamén se empregan en monitores de vídeo.
O primeiro teléfono en incorporar unha pantalla curva foi o Google Galaxy Nexus, lanzado o 17 de novembro de 2011; porén, Samsung foi a compañía que realmente popularizou as pantallas curvas tras o lanzamento da serie Galaxy Edge en 2014. O primeiro modelo da serie S que contou con este deseño foi o S6, lanzado en 2015.
Inconvenientes Non obstante, existen inconvenientes: a diferenza das pantallas planas, non hai solución para o efecto "ghosting" (estela ou imaxe fantasma) nin para o marcado permanente da pantalla burn-in. Ademais, adoitan ser máis fráxiles e consumir máis batería que as pantallas estándar.
Notas
Categoría:Tecnoloxía Categoría:Teléfonos intelixentes Categoría:Teléfonos móbiles