Alonso Pérez de Vivero Soto, nado no VicedoPor entón a parroquia coñecíase como Santo Estevo do Val. en 1394 e finado en Burgos o 30 de marzo de 1453, foi un político galego.
Traxectoria Hijo de Xoán de Viveiro e de María de Soto, quedou orfo de pai e aos 15 anos entrou como paxe con Álvaro de Luna, privado do rei Xoán II de Castela. Máis tarde ocupou o cargo de contador maior do rei e foi señor de Villajuán e Fuensaldaña. Fixo construír o castelo de Fuensaldaña e o Palacio de los Vivero en Valladolid.
Participou nunha intriga fracasada para derribar a Álvaro de Luna, e en represalia foi defenestrado dende o castelo de Burgos, se ben Lorenzo Galíndez de Carvajal indica que o privado do rei fixo que o seu fillo, Juan de Luna y Pimentel, matase a Alonso Pérez de Vivero esmagándolle a cabeza cun mazo e que o lanzase pola ventá para disimular o crime.Torres, Francisco (2004). Juan II de Castilla. Un rey para Ciudad Real. Ciudad Real: Ayuntamiento, pp. 218-219. Foi soterrado na capela familiar, preto do convento de San Bieito de Valladolid.
Familia Casou con Inés de Guzmán —máis tarde nomeada primeira duquesa de Villalba— e tiveron trece fillos, entre eles Juan Pérez de Vivero, primeiro vizconde de Altamira.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Genealogía de los Pérez de Vivero
Categoría:Nados no Vicedo Categoría:Nados en 1394 Categoría:Finados en 1453 Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes