Peter Stasiuk, C.Ss.R., nado en Roblin (Manitoba, Canadá) o 16 de xullo de 1943 e finado en Winnipeg o 13 de agosto de 2025, foi un relixioso grecocatólico ucraíno, bispo dos Santos Pedro e Paulo de Melbourne entre 1992 e 2020.

Traxectoria Naceu nunha familia de emigrantes grecocatólicos ucraínos en Roblin (Manitoba) o 16 de xullo de 1943. O 28 de agosto de 1962 profesou como membro da Congregación do Santísimo Redentor, facendo os votos solemnes o 28 de agosto de 1965. O 2 de xullo de 1967 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Winnipeg Maksym Hermaniuk.

O 16 de decembro de 1992 foi nomeado bispo da eparquía dos Santos Pedro e Paulo de Melbourne. Recibiu a consagración episcopal o 9 de marzo de 1993 de mans do arcebispo emérito de Winnipeg Maksym Hermaniuk, e tivo como co-consagradores principais ao arcebispo de Philadelphia Stefan Sulyk e ao bispo de Edmonton Myron Michael Daciuk. Retirouse o 15 de xaneiro de 2020, mais permaneceu como administrador apostólico até a instalación do seu sucesor Mykola Bychok o 12 de xullo de 2021. Finou no asilo Holy Family Home das Irmás Servas de María Inmaculada localizado en Winnipeg (Canadá), o 13 de agosto de 2025.

Notas

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Manitoba Categoría:Finados en 2025 Categoría:Redentoristas Categoría:Relixiosos católicos do Canadá Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos católicos de Australia Categoría:Bispos católicos do Canadá