O líquido (ou fluído) preexaculatorio, tamén chamado líquido/fluído preseminal, líquido/fluído de Cowper ou preexaculado, é un líquido pegañento, claro, incoloro, inodoro e viscoso que se emite pola uretra do pene humano durante a excitación sexual e en xeral durante a actividade sexual. Ten unha composición similar á do seme, pero con diferenzas químicas características. Porén, a presenza de espermatozoides no fluído varía de baixa a ningunha. O preexaculado funciona como un lubricante natural e un neutralizador do ambiente ácido.
Orixe e composición miniatura|150px|Fluído preexaculatorio O líquido descárgase pola uretra do pene durante a excitación sexual, masturbación, preliminares ou en calquera estadio da relación sexual, algún tempo antes de que o individuo alcance plenamente o orgasmo e se exacule o seme. Prodúcese principalmente polas glándulas bulbouretrais (ou de Cowper), con algunha contibución das glándulas de Littré (as glándulas uretrais que segregan mucus). A cantidade de líquido que se expulsa varía moito entre individuos. Algunhas persoas non producen ningún líquido preexaculatorio, mentres que outros emiten ata 5 mL.
O líquido preexaculatorio contén compostos químicos asociados ao seme, como a fosfatase ácida, pero outros marcadores do seme, como a gamma-glutamiltransferase, están ausentes.
Función e riscos O líquido preexaculatorio neutraliza a acidez da uretra causada por urina residual, creando un ambiente máis favorable para o paso do esperma. A vaxina é normalmente ácida, así que a deposición de líquido preexaculatorio antes da emisión do seme pode cambiar o ambiente vaxinal desfavorable para favorecer a supervivencia do esperma. O líquido prexaculatorio tamén actúa como lubricante durante a actividade sexual, e xoga un papel na coagulación do seme.
No preexaculado hai un baixo nivel de espermatozoides ou ningún, aínda que os estudos examinaron pequenas mostras. Dous estudos contrarios atoparon evidencias mixtas, incluíndo casos individuais dunha alta concentración de espermatozoides. Hai probas, que datan dun estudo de 1966 de Masters and Johnson, de que o líquido preexaculatorio pode conter espermatozoides que poden causar un embarazo, o cal é un argumento común conta o uso do método do coitus interruptus como estraexia contraceptiva.
O líquido preexaculatorio pode conter axentes infecciosos. Demostrouse a presenza de VIH na maioría das mostras de líquido preexaculatorio de mostras de homes infectados por este virus.
Sobreprodución En raros casos, un individuo pode producir unha cantidade excesiva de líquido preexaculatorio, que se pode tratar cun inhibidor da 5-alfa-redutase, como finasteride.
Notas
Categoría:Seme Categoría:Exaculación Categoría:Fluídos corporais Categoría:Excitación sexual