O Samsung Galaxy S10 é unha liña de teléfonos intelixentes de gama alta baseados en Android. Foron presentados nun evento o 20 de febreiro de 2019 e lanzados o 8 de marzo dese ano. Comezaron con Android 9 Pie e posteriormente actualizáronse a Android 12, agás o S10 Lite, que executaba Android 13.

A diferenza do Galaxy S9, que tiña unha cámara traseira centrada verticalmente, o S10 Lite presenta unha cámara centrada horizontalmente. O modelo Lite ten unha aparencia similar ao Note 20, xa que ten unha cámara traseira centrada verticalmente á esquerda (aínda que non forma parte da familia Galaxy S20). En canto á cámara frontal, todos os modelos agás o S10+ só teñen unha á dereita. O S10+ e a versión 5G teñen dúas.

Hai varios modelos nesta liña: o S10e (compacto), o S10+, o S10 (principal) e o S10 Lite. Tamén lanzaron modelos compatibles coa rede 5G.

Todos eles son compatibles coas lentes de realidade virtual Samsung Gear VR.

Problemas Os modelos S10, S10+ e S10 5G tiñan un problema co escáner de impresións dixitais que permitía que calquera desbloquease o teléfono. Samsung era consciente do problema e traballou para solucionalo cunha nova actualización de software, resolvendo finalmente o problema.

Notas

Categoría:Samsung Galaxy