A Colección Austral foi a primeira colección de libros de peto da editorial Espasa-Calpe. Naceu en 1937, coa publicación en Buenos Aires do seu primeiro número, La rebelión de las masas de José Ortega y Gasset.
Historia O nacemento da colección Austral enmárcase na difusión do libro de peto, que xurdiu na década de 1930. No Reino Unido triunfaran os libros «en rústica» de Penguin Books, que tres anos despois do seu nacemento en 1935 contaba con máis de douscentos cincuenta títulos e cuxo formato se imitou extensivamente. O deseño da colección Austral, coas súas cubertas brancas e unha sobrecuberta de deseño cromático non figurativo, variando a cor segundo fose narrativa, poesía, ensaio ou ciencias, non tiña nada que ver co deseño de Penguin. A colección Austral abrangue literatura, filosofía, biografía, ciencia e historia, de autores clásicos e modernos, españois, arxentinos e estranxeiros.
A iniciativa xurdiu da filial de Espasa-Calpe na Arxentina. En 1939 xa se publicaran máis de 80 títulos. Por razóns económicas, a casa matriz española non imprimiu ningún volume en España ata a década de 1950, cando xa se publicaran máis de mil títulos na colección.
A colección Austral foi unha versión modernizada e aumentada da Colección Universal, que a Editorial Calpe lanzara en 1919, antes de fusionarse con Espasa en 1925 e que se clausurou en 1935, con máis de mil volumes publicados.
Premios Austral recibiu en 2017 o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural.
Temática por cor Azul: Novelas e contos en xeral. Verde: Ensaios e Filosofía. Laranxa: Biografías e vidas novelescas. Negra: Viaxes e reportaxes. Amarela: Libros políticos e documentos da época. Violeta: Teatro e poesía. Gris: Clásicos. Vermella: Novelas policiais, de aventuras e femininas. Marrón: Ciencia e técnica. Clásicos da ciencia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Biblioteca Básica Salvat Destinolibro Biblioteca Gallega de Autores en Castellano Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Literatura da Arxentina Categoría:Coleccións literarias en lingua castelá