Os Centros para o Control e Prevención de Enfermidades estadounidenses (Centers for Disease Control and Prevention, CDC) son unha axencia sanitaria gobernamental federal, dependente do Departamento de Sanidade e Servizos Humanos dos Estados Unidos (HHS), cuxa sede principal está en Atlanta, Xeorxia.
O principal obxectivo da axencia é a protección e seguridade da saúde pública por medio do control e prevención de doenzas, lesións e discapacidades nos Estados Unidos e en todo o mundo. O CDC centra a atención nacional no desenvolvemento e aplicación do control e prevención de enfermidades. Enfoca a súa atención especialmente en doenzas infecciosas, patóxenos transmitidos polo aire, saúde ambiental, saúde e seguridade laboral, promoción da saúde, prevención de lesións e actividades educativas deseñadas para mellorar a saúde dos cidadáns dos Estados Unidos. Os CDC tamén realizan investigacións e proporcionan información sobre doenzas non infecciosas, como a obesidade e a diabetes, e é un membro fundador da Asociación Internacional de Institutos Nacionais de Saúde Pública.
Como parte da reorganización anunciada do HHS de 2025, planéase que os CDC se reorienten cara aos programas de doenzas infecciosas. Está previsto que absorban a Administración para a Preparación e Resposta Estatéxica, mentres que o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde Laboral está planeado que pase á nova Administración para unha América Sa.
Durante a segunda administración de Donald Trump, os CDC sufriron grandes alteracións, incluíndo ordes para cesar a cooperación coa Organización Mundial da Saúde, retirar ou restrinxir o acceso do público a información sobre saúde, e pausar a axencia de comunicacións, incluíndo a suspensión temporal do Informe Semanal de Morbilidade e Mortalidade. A administración tamén impuxo restricións de contido na investigación científica, levou a cabo despidos a grande escala e cortes de programas, e supervisou numerosos cambios de directores da institución. En xuño de 2025, o Secretario de Sanidade Robert F. Kennedy Jr. despediu a todos os 17 membros do Comité Asesor sobre Prácticas de Inmunización (ACIP) e, cunha soa excepción, nomeou membros que son activistas antivacinas ou que non son expertos en vacinas. Os expertos en sanidade pública e organizacións médicas advertiron que estas accións socavan a independencia científica, a capacidade da sanidade pública e a estabilidade institucional.
En febreiro de 2026, o Scientific American escribiu que a confianza nos CDC "caíra en picado baixo" a dirección do secretario do HHS Robert F. Kennedy Jr. Como as bases de datos dos CDC xa non se manteñen con exactitude e con información posta ao día, estanse formando uns "CDC na sombra" constituídos por estados e sociedades médicas para encher o baleiro.
Creación e crecemento O 1 de xullo de 1946 fundouse o Centro de Doenzas Comunicables (CDC), como sucesor do programa da segunda guerra mundial Programa Nacional de Erradicación da Malaria miniatura|O Centro de Doenzas Comunicables cambiou a súa sede a este edificio en 1960. A foto é de 1963.
A nova axencia era unha rama do Servizo de Saúde Pública dos EUA e elixiuse Atlanta como sede porque a malaria era endémica no sur dos Estados Unidos.
O CDC herdou o experimento Tuskegee sobre a sífilis do seu predecesor, o Servizo de Saúde Pública dos EUA. No estudo, que durou de 1932 a 1972, utiizouse un grupo de homes negros con sífilis, pero deixáronos sen tratar para saber máis sobre a doenza, malia que estas persoas non deran o seu consentimento informado.
In 1951 creouse o Servizo de Intelixencia Epidémico (EIS) como programa de adestramento en epidemioloxía. En 1980 iniciouse o Programa de Adestramento de Epidemioloxía de Campo (FETP), que adestrou miles de persoas duns 80 países, así como outros progaramas de adestramento. Sede entral de Arlen Specter e Centro de Operacións de Emerxencia|esquerda|miniatura
A misión do CDC ampliouse desde o seu foco inicial sobre a malaria ás enfermidades de transmisión sexual, á tuberculose e en 1963 creouse o programa de inmunización.
Pasou a chamarse Centro Nacional de Enfermidades Comunicables en 1967, e Centro para o Control de Enfermidades en 1970. Converteuse na principal axencia operativa do Servizo de Saúde Pública.
En 1980 a organización foi renomeada en plural Centros para o Control de Enfermidades, con moitos centros consituíntes.
Unha lei do Congreso engadiulle ao nome as palabrass "e Prevención" en 1992, pero mantendo as siglas CDC polas que xa era coñecido.
En 2005, o entón director Julie Gerberding anunciou a reorganización do CDC e estableceu catro centros coordinadores, pero este cambio foi reavaliado durante a admistración de Barak Obama.
En 2013, os laboratorios de bioseguridade de nivel 4 dos CDC eran uns dos poucos dese tipo que existían no mundo.
Organización miniatura|Campus Roybal dos CDC en Atlanta, Xeorxia. miniatura|Centro de Comunicacións Globais Tom Harkin. miniatura|Edificio 17 dos CDC en Atlanta, visto desde a Universidade Emory. Os CDC están organizados en centros, institutos e oficinas (CIOs), e cada unidade organizacional aplica as actividades da axencia nunha área particular de coñecemento e tamén proporcionan apoio dentro da axencia e comparte recursos para asuntos específicos e emerxencias sanitarias.
Na reorganización máis recente de 2023, os CIOs son: Centro Nacional para a Inmunización e Doenzas Respiratorias Centro Nacional para as Doenzas Infecciosas Zoonóticas e Emerxentes División de Saúde da Migración Global Centro Nacional para o VIH/SIDA, Hepatite Viral, ETS, e Prevención da TB Cento Nacional sobre Defectos de Nacemento e Discapacidades de Desenvolvemento Cento Nacional para a Prevención de Doenzas Crónicas e Promoción de Saúde Centro Nacional para a Saúde Ambiental / Axencia para Substancias Tóxicas e Rexisto de Doenzas Centro Nacional para a Prevención e Control de Lesións Instituto Nacional para a Seguridade e Saúde Laboral Cento de Infraestuturas de Saúde Centro de Saúde Global Oficina Inmediata do Director Xefe de Persoal Oficina do Funcionario Operativo Xefe Oficina de Política, Realización e Avaliación Oficina de Igualdade de Oportunidades no Emprego e Equidade no Posto de Traballo Oficina de Comunicacións Oficina de Equidade na Saúde Oficina de Ciencia Oficina da CDC de Washington Oficina da Ciencia e Seguridade no Laboratorio Oficina de Rapidez e Resposta Centro para a Predición e Analítica de Gromos Oficina de Datos de Saúde Pública, Vixilancia e Tecnoloxía Centro Nacional para Estatísticas de Saúde
A Oficina de Preparación da Sanidade Pública creouse durante os ataques de ántrax de 2001 pouco despois dos ataques terroristas do 11 de setembro de 2001.
Orzamento O orzamento do CDC para o ano fiscal de 2024 foi de 11.581millóns de dólares.
Áreas de traballo miniatura|Donald Henderson formando parte do equipo de erradicación da varíola en 1966. Doenzas comunicables (máis de 400) Gripe Axentes selectos (patóxenos perigosos) e toxinasCohen, Bryan. "CDC's Select Agents Program protects against bioterror threats" , BioPrepWatch, 10de febreiro de, 2014; consultado o 17 de outubro de 2014. Doenzas non comunicables Resistencia a antibióticos Saúde global Saúde dos viaxeiros e turistas Seguridade de vacinas Revisión do autismo en relación con vacinas. Desde a chegada de Robert F. Kennedy Jr. como responsable de Sanidade a páxina web sobre "Autismo e vacinas" foi radicalmente cambiada. Antes deste cambio, a páxina web concluía que "os estudos mostraron que non hai ligazón entre recibir vacinas e desenvolver o trastorno de espectro autista". Isto foi cambiado seguindo instrucións de Kennedy en novembro de 2025, pasando a afirmar o seguinte: "a afirmación de que "as vacinas non causan autismo" non é unha afirmación baseada en evidencias porque os estudos non desbotaron a posibilidade de que as vacinas infantís causen autismo". Isto suscitou numerosos comentarios nos medios, por exemplo The Washington Post escribiu:
FactCheck.org cita o profesor David S. Mandel dicindo o seguinte:
Tamén houbo numerosas críticas de asociacións médicas.
Notas
Fontes
Este atigo publica material en dominio público dos sitios web ou de documentos dos Centers for Disease Control and Prevention dos Estados Unidos.
Véxase tamén Outros artigos Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web oficial dos CDC CDC no Federal Register CDC-Wide Activities and Program Support en USAspending.gov CDC Online Newsroom CDC Public Health Image Library CDC Global Communications Center CDC Emerging Infectious Diseases Laboratory – Atlanta, Xeorxia (arquivado o 3 de xullo de 2008) CDC WONDER online databases. Vaccine Safety Monitoring Systems and Methods (CDC), unha presentación feita na xuntanza de outubro de 2019 do ACIP
Categoría:Organizacións Categoría:Saúde pública Categoría:Goberno dos Estados Unidos de América