miniatura|350x350px|Pobo ainu, por Murase Yoshinori, en 1918. A colonización de Hokkaido foi un proceso que comezou no século XV polo cal os xaponeses yamato tomaron o control de Hokkaido e subxugaron e asimilaron o pobo indíxena ainu, cuxa cultura se desenvolveu ao redor do século XIII. O proceso de colonización comezou co comercio de peixe, peles e seda entre o Xapón e os ainus. Malia as rebelións contra o aumento da influencia xaponesa en 1669 e en 1789, o seu control da illa aumentou constantemente: contra o ano 1806, o Shogunato Tokugawa controlou directamente o sur de Hokkaido.
En 1869, xusto despois do comezo da era Meiji, estabeleceuse unha comisión de desenvolvemento para fomentar o asentamento xaponés yamato en Hokkaido. A colonización foi vista como unha solución a múltiples problemas: resolvería o desemprego masivo entre a antiga clase samurai, proporcionaría os recursos naturais necesarios para a industrialización, aseguraría unha defensa contra un Imperio Ruso expansionista e aumentaría o prestixio do Xapón aos ollos de Occidente. Os asesores estadounidenses participaron activamente na orientación e organización do proceso. O estilo de vida tradicional ainu baseado na subsistencia foi substituído pola agricultura en grande escala e a minaría de carbón. Os ainus nativos, xunto con presos políticos, coreanos, mulleres e nenos, foron obrigados a traballar.
A colonización desposuíu o pobo nativo ainu das súas terras e propiedades. A discriminación xeneralizada que se exercía contra eles, incluído o reasentamento forzoso en zonas montañosas e a prohibición do uso da lingua ainu, tiñan o obxectivo final da extinción da cultura ainu e a súa substitución pola cultura xaponesa yamato. A sociedade xaponesa negou ou ignorou sistematicamente o proceso de colonización e a discriminación resultante.
Contexto Período Kamakura esquerda|miniatura|, o territorio tradicional do pobo ainu. Arredor do século XIII, desenvolveuse un complexo cultural ainu identificable que substituíu as culturas Satsumon e Okhotsk anteriores en Hokkaido. Foi tamén durante este período que comezou o contacto económico entre os yamato de Honshū e os ainu de Hokkaido. Os yamato consideraban os ainu como "bárbaros", e unha mostra diso é que o nome xaponés contemporáneo da illa de Hokkaido, () quere dicir "terra dos bárbaros" ou "terra da xente que non obedeceu o goberno". Os ainus chamaban ao territorio que habitaban , que significa "terra de humanos/terra dos ainus".
Antes da colonización de Hokkaido, os yamato e os primeiros gobernos xaponeses tomaron o control da rexión do norte de Honshū habitada polo pobo emishi.
No século XV, os yamato estabeleceron asentamentos comerciais fortificados, coñecidos como "date", arredor da península de Oshima, no sur de Hokkaido. En 1456, ocorreu o primeiro caso rexistrado de loita entre os ainus e os yamato, que deu lugar á guerra de Koshamain en 1457, o que levou á destrución de moitos dos asentamentos comerciais. Durante o século XVI, os yamato participaron nunha campaña para convidar os líderes e anciáns ainus a conversas de paz, nas que os ainus foron emboscados e asasinados. Durante este tempo, a familia Kakizaki asumiu un papel destacado entre os colonos yamato do sur de Hokkaido, estabelecendo un monopolio do comercio cos ainus.
Período Edo En 1599, a familia Kakizaki tomou o nome de Matsumae. O Shogunato Tokugawa outorgoulle oficialmente ao clan Matsumae dereitos exclusivos para comerciar cos ainus na parte norte da illa. Máis tarde, os Matsumae comezaron a arrendar dereitos comerciais aos comerciantes xaponeses yamato, e o contacto entre os xaponeses yamato e os ainus fíxose máis extenso. Ao longo deste período, os grupos ainus competiron entre si para importar mercadorías dos xaponeses yamato, e as enfermidades epidémicas como a varíola reduciron a poboación.
En 1635, Matsumae Kinhiro, o segundo daimyō do Dominio de Matsumae en Hokkaido, enviou a Murakami Kamonzaemon, Sato Kamoemon e Kakizaki Hiroshige nunha expedición a Sakhalin. Un dos exploradores de Matsumae, Kodō Shōzaemon, permaneceu na illa durante o inverno de 1636 e navegou pola costa leste ata Taraika na primavera de 1637. De 1669 a 1672, o xefe ainu Shakushain liderou unha rebelión contra o clan Matsumae. A rebelión comezou como unha loita por recursos entre o pobo de Shakushain e outro clan ainu liderado por Hae na conca do río Shibuchari. Despois de que Shakushain matase ao fillo de Hae, Hae enviou emisarios aos Matsumae para solicitar armas e unha posible reparación. Mentres viaxaban de volta, algúns dos emisarios morreron de varíola, e Hae e Shakushain recibiron informes de que foran envelenados polos Matsumae. Como resultado, Shakushain fixo un chamamento a todos os ainus de Hokkaido para que traballasen xuntos na loita contra os Matsumae. A coalición ainu esixiu a completa independencia política do dominio dos Matsumae e os yamato, e o retorno aos dereitos comerciais directos con Honshū, no canto do comercio mediado por Matsumae que se aplicaba daquela. A rebelión foi finalmente sufocada, e o shogun Tokugawa Ienobu recompensou aos Matsumae por este resultado. O historiador Brett Walker salienta a rebelión como un momento decisivo na historia da conquista xaponesa de Hokkaido polos yamato, xa que asentou a futura participación das potencias estatais xaponesas na colonización de Hokkaido en lugar de deixala en mans do clan local Matsumae.
Durante o período Edo, os Matsumae desenvolveron a industria pesqueira en Hokkaido, onde os comerciantes xaponeses yamato supervisaban os pescadores ainus, cuxas capturas eran procesadas e vendidas aos xaponeses yamato de Honshu. Os ainus que traballaban nesta industria foron obrigados a facelo e sufriron unha explotación desenfreada. O desenvolvemento desta industria tamén tivo impactos ecolóxicos máis amplos, xa que o aumento da escala da pesca interrompeu a pesca de subsistencia da que dependían moitos ainus.
A partir de 1669, os Matsumae tiñan barcos que realizaban comercio co sur de Sakhalin, á vez que exploraban a illa na procura de recursos explotables. Nunha das primeiras tentativas de colonización, os Matsumae estabeleceron un asentamento xaponés yamato chamado Ōtomari no extremo sur de Sakhalin en 1679, para controlar o comercio cos ainus e os nivkh que vivían en Sakhalin, aínda que o comercio na illa seguiu estando dominado pola dinastía Qing ata a década de 1790.
miniatura|Un samurai xaponés cun grupo de ainus, . Na década de 1780, a influencia do Shogunato Tokugawa xaponés sobre os ainus do sur de Sakhalin aumentou significativamente, e a principios do século XIX, a zona económica xaponesa estendíase ata a metade da costa leste, ata Taraika. Coa excepción dos ainus de Nayoro situados na costa oeste moi preto da China, a maioría dos ainus deixaron de pagar tributo aos Qing. O clan Matsumae estaba nominalmente a cargo de Sakhalin, pero non protexían nin gobernaban aos ainus alí. No seu lugar, extorsionaron os ainus por seda chinesa, que vendían en Honshū como un produto especial do dominio de Matsumae. Para obter seda chinesa, os ainus endebedáronse, xa que debían moitas peles aos Santan, un grupo histórico composto principalmente polos ulchi, nanai e oroch do río Amur, que levaban a cabo o comercio ao longo do río Amur e entre a costa e as illas de Sakhalin e Ezo. Os ainus tamén vendían uniformes de seda (, , e ) que lles deran os Qing, que constituían a maior parte do que os xaponeses yamato coñecían como e . Como uniformes dinásticos, a seda era de calidade considerablemente superior á que se comercializaba cos chineses en Nagasaki, e aumentaba o prestixio de Matsumae como provedores de artigos exóticos. Finalmente, o goberno de Tokugawa, ao decatarse de que non podían depender dos Matsumae, tomou o control de Sakhalin en 1807.
En 1789, produciuse unha nova rebelión ainu na península de Shiretoko no nordeste de Hokkaido debido á explotación laboral dos ainus que traballaban na pesca. No mesmo ano, Honda Toshiaki, un economista e político da dinastía Yamato, rexistrou como no período Edo aos ainus se lles prohibía falar xaponés e pediu a colonización total de Hokkaido. (A Secret Plan of Government, , )
De 1799 a 1806, o shogunato involucrouse nun proceso de consolidación no que tomaron o control directo do sur de Hokkaido, crendo que os Matsumae eran incapaces de resistir a expansión rusa no Extremo Oriente. O shogunato decidiu trasladar a sede do goberno en Ezochi de Matsumae a Hakodate en 1802. O Xapón proclamou a soberanía sobre Sakhalin en 1807 e, en 1809, Mamiya Rinzō afirmou que era en realidade unha illa e non estaba unida ao continente asiático. A partir de 1801, o shogunato comezou a rexistrar os ainus en Hokkaido, e finalmente recompilou extensos rexistros de familias, historiais laborais e relacións, e o seu nivel de conformidade cos estándares sociais yamato. Como parte desta consolidación, o shogunato tamén relaxou as restricións aos xaponeses yamato que se mudaban a Hokkaido, e durante este período, as mulleres ainus eran a miúdo separadas dos seus maridos e sometidas a violacións ou casadas á forza con homes xaponeses yamato. Para as que estaban casadas, se se resistían, ás veces os seus maridos eran asasinados. Mentres tanto, os homes ainus foron deportados a subcontratistas mercantes por períodos de servizo de cinco e dez anos. As políticas de separación e asimilación familiar, combinadas co impacto de enfermidades introducidas como a varíola e as enfermidades venéreas, provocaron que a poboación ainu diminuíse significativamente a comezos do século XIX. No século XVIII, había uns 80.000 ainus, pero en 1868, só había uns 15.000 ainus en Hokkaido, 2.000 en Sakhalin e arredor de 100 nas illas Kuriles. Tamén durante esta fase posterior do período Edo, os ainus restantes foron levados sen consentimento para ser estudados e racializados por investigadores yamato e ingleses.
Malia a súa crecente influencia na zona a comezos do século XIX como resultado destas políticas, o Shogunato Tokugawa non foi quen de obter o monopolio do comercio ainu cos do continente asiático, nin sequera no ano 1853. Os comerciantes santan interactuaban habitualmente co pobo ainu independentemente do goberno xaponés, especialmente na parte norte de Hokkaido. Ademais das súas aventuras comerciais, os comerciantes santan ás veces secuestraban ou compraban mulleres ainus da illa Rishiri para convertelas nas súas esposas. Isto aumentou aínda máis a presenza do Xapón na zona, xa que o Shogunato Tokugawa cría que un monopolio do comercio santan protexería mellor o pobo ainu dos comerciantes santan.
Período Meiji miniatura|O forte Goryōkaku en Hakodate, completado en 1866, foi o cuartel xeral do exército lealista aos Tokugawa. Pouco despois da guerra Boshin en 1868, un grupo de lealistas de Tokugawa liderados por Enomoto Takeaki ocuparon temporalmente a illa (a entidade política coñécese de maneira común, pero erradamente, como a República de Ezo), pero a rebelión foi derrotada ao final da batalla de Hakodate en xuño de 1869. Mediante prácticas coloniais, Ezochi foi anexionada a territorio xaponés, e de xeito oficial en 1872.
Comisión de Desenvolvemento En 1869, o goberno Meiji estabeleceu a , co obxectivo de animar os colonos xaponeses yamato a instalarse en Hokkaido. Os colonos xaponeses comezaron a migrar a Hokkaido, o que levou á colonización xaponesa da illa. Motivado por obxectivos capitalistas e industriais, o goberno Meiji apropiouse pola forza de terras fértiles e rexións ricas en minerais en toda Hokkaido, sen ter en conta a histórica presenza ainu. O goberno Meiji implementou confiscacións de terras e promulgou leis de propiedade da terra que favorecían aos colonos xaponeses yamato, despoxando efectivamente ao pobo ainu dos seus dereitos consuetudinarios sobre a terra e dos seus medios de subsistencia tradicionais.