Un ordenador analóxico ou computador analóxico é un tipo de máquina de cálculo (computadora) que emprega fenómenos físicos como cantidades eléctricas, mecánicas ou hidráulicas que se comportan segundo os principios matemáticos en cuestión (sinais analóxicos) para modelar o problema que se resolve. Pola contra, os ordenadores dixitais representan cantidades variables simbolicamente e mediante valores discretos tanto de tempo como de amplitude (sinais dixitais).
Visión xeral miniatura|Computadora analóxica de escritorio TR-10, de finais dos anos 60 e principios dos 70. Os ordenadores analóxicos poden ter unha complexidade moi ampla. As regras de cálculo e os nomogramas son os máis sinxelos, mentres que os ordenadores de control de fogo naval e os grandes ordenadores híbridos dixitais/analóxicos estaban entre os máis complicados. Os mecanismos complexos para o control de procesos e os relés de protección utilizaban a computación analóxica para realizar funcións de control e protección. A propiedade común de todos eles é que non empregan algoritmos para determinar o xeito en que funciona o ordenador. Máis ben empregan unha estrutura análoga ao sistema que se vai resolver (o chamado analógono, modelo ou analoxía) que tamén é epónimo do termo ordenador analóxico, porque representan un modelo.
Os ordenadores analóxicos empregáronse amplamente en aplicacións científicas e industriais mesmo despois da chegada dos ordenadores dixitais, porque naquel momento eran normalmente moito máis rápidos, pero comezaron a quedar obsoletos xa nas décadas de 1950 e 1960, aínda que seguiron en uso nalgunhas aplicacións específicas, como simuladores de voo de aeronaves, o ordenador de voo en aeronaves e para o ensino de sistemas de control nas universidades. Quizais o exemplo máis identificable de ordenadores analóxicos son os reloxos mecánicos, onde a rotación continua e periódica de engrenaxes interconectadas acciona as agullas dos segundos, minutos e horas do reloxo. Aplicacións máis complexas, como simuladores de voo de aeronaves e o radar de apertura sintética, seguiron sendo o dominio da computación analóxica (e da computación híbrida) ata ben entrada a década de 1980, xa que os ordenadores dixitais eran insuficientes para a tarefa.
Notas
Bibliografía A.K. Dewdney. "On the Spaghetti Computer and Other Analog Gadgets for Problem Solving", Scientific American, 250(6):19–26, xuño de 1984. Reimpreso en The Armchair Universe, por A.K. Dewdney, publicado por W.H. Freeman & Company (1988), . Universiteit van Amsterdam Computer Museum. (2007). Analog Computers. Jackson, Albert S., "Analog Computation". Londres & Nova York: McGraw-Hill, 1960.
Véxase tamén Outros artigos Ecuación diferencial Sinal Sistema dinámico Teoría do caos
Ligazóns externas
Categoría:Historia da informática