A elbaíta é un mineral da clase dos silicatos e que forma parte da serie isomorfa da turmalina cuxa fórmula química é Na(Li,Al)3Al6(BO3)3Si6O18(OH,F)4 (contén 32-38% de SiO2, 20-40% de Al2O3 e 20% de H2O). É resistente á acción dos ácidos.

Aspecto

A elbaíta cristaliza en forma de cristais prismáticos tabulares ou aciculares. Tamén aparece de forma radiada e masiva.

Variedades da elbaíta

Segundo a súa cor pódese diferenciar dentro deste mineral diferentes variedades:

Acroíta, de cor branca. Indigolita, de cor azul. Rubelita, de cor rosa ou vermella. Verdelita, de cor verde.

Lugares onde se atopa

Pódese atopar en granitos e gneises e, especialmente, nos filóns do tipo pegmatítico. Trátase dun mineral hidrotermal de altas temperaturas, procedente de fluídos profundos que escaparon ó final do proceso de cristalización.

Podemos atopar rubelita en Valdemierque (Salamanca) e indigolita en Laxe (A Coruña).

Usos da elbaíta

Polas súas propiedades piezoeléctricas a elbaíta utilízase para a fabricación de calibradores de presión.

É moi apreciada no coleccionismo e no mundo da xoiería.

Outros silicatos

Outros silicatos importantes son:

A olivina, o feldespato, o cuarzo e as micas.

Véxase tamén Outros artigos Turmalina Isomorfismo

Categoría:Minerais