O Partido Comunista de Galicia (PCG) constitúe a federación galega do Partido Comunista de España, forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida e ten como única lingua oficial o galego, o seu himno é A Internacional e o seu órgano de expresión é A Voz do Pobo publicado desde agosto de 1969. As súas xuventudes organízanse na Xuventude Comunista.
Historia e características O PCG constituíuse en 1968, o congreso constituínte celebrouse no exilio, en París. Xa o PCE fora o principal partido de oposición ao franquismo en Galicia e o PCG mantivo esa hexemonía, pero xa contestada polos partidos nacionalistas de esquerda e tamén por outros partidos de esquerdas escindidos do propio PCE.
O seu primeiro secretario xeral foi Santiago Álvarez.
Eva Solla, foi elixida no XIII Congreso do 4 de outubro de 2014 cun 95% dos votos e foi a primeira muller na historia do PCG en desenvolver o cargo.
Dende 2022, o cargo de Secretario Nacional desempéñao Jorge Crego, que foi elixido no XV congreso celebrado en decembro de 2022 na Coruña. Crego é doutor en Dereito e profesor na Universidade da Coruña.
Secretarios xerais Santiago Álvarez (1968–1979) Rafael Pillado (1979) Anxo Guerreiro (1979–1983) Julio Pérez de la Fuente (1983–1985) Anxo Guerreiro (1985–1995) Manuel Peña-Rey Bouzas (1995–2000) Carlos Dafonte (2000–2002) Carlos Portomeñe (2002–2014) Eva Solla (2014–2022) Jorge Crego (2022–presente)
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do PCG Web oficial da Xuventude Comunista
Categoría:Partidos políticos de Galicia Categoría:Partidos comunistas