Os Países Baixos ten unha economía próspera e aberta fortemente dependente do comercio externo, na que o goberno reduciu o seu papel dende os anos 1980. Os principais sectores industriais son o procesamento de alimentos, a química e petroquímica e a maquinaria eléctrica. Unha agricultura altamente mecanizada emprega apenas o 4% da forza de traballo fornecendo grandes excedentes para a industria de alimentos e para a exportación; o país é o terceiro maior exportador agrícola mundial en valor, detrás apenas dos Estados Unidos de América e da Francia. Os neerlandeses conseguiron solucionar a cuestión das finanzas públicas e da parada do crecemento do emprego moito antes do seus compañeiros europeos.
Membro fundador do Euro, os Países Baixos substituíron a súa antiga moeda, o florín, o 1 de xaneiro de 1999 cos outros países membros da zona do euro; as moedas e billetes de euro viron a luz o 1 de xaneiro de 2002.
O país ten o principal porto do mundo, Rotterdam.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Real Casa da Moeda dos Países Baixos